viernes, 24 de febrero de 2023

EXCURSIÓN AO GROVE

Por ser un dos colexios participantes no Plan Proxecta Aliméntate Ben, fomos de excursión ao porto e lonxa de o Grove dentro do seu programa “Ti si que es un bo peixe”.

Primeiramente a nosa monitora Rita, levounos á lonxa onde Silvia explicounos o que se fai alí. Contounos que mariñeiros traen aquí o peixe que pescan (non pode ser pequeno), pésano e póñenlle unha etiqueta na que aparece o seu nome, o do barco e a data na que se pescou. Despois realízase a súa poxa, que non puiden ver xa que se fai pola tarde. Pero para que os nenos superan como se fai fixemos un simulacro. Para realizala tiñamos pescada, linguado e unha centola que sacou Silvia dun tanque.

Tamén vimos onde collen o xeo para manter fresco o pescado e marisco.

Despois saimos ao porto para ver as nasas coas que capturan os polbos, as redes para os peixe, e Rita tamén ensinounos ourizos, esponxas de mar e corais que estaban enredados nas redes.

A continuación entramos no mercado, onde as pescantinas mostráronnos moitos peixes e mariscos: polbo, chocos, xurelos, sardiñas, centolas, percebes, rodaballo…







Ao saír déronlles aos nenos un agasallo.

Para rematar, deron a cada nenos unha bolsa con unha riquísima merenda que incluía unha botella de auga, un anaco de pizza de ourizo, croquetas de pescada e un iogur de vainilla.




QUE BEN O PASAMOS E CANTAS COUSAS APRENDEMOS!!

martes, 21 de febrero de 2023

QUE RECEITAS MÁIS SAUDABLES!

Susana, a mamá de Romeo de Lois, enviounos unhas fotos do seu fillo comendo o brócoli que plantamos no noso invernadoiro.

No correo dinos que eles comen as verduras o máis saudables posible, por iso soamente o coceron e despois botáronlle un chorriño de aceite.

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS SUSANA!!

ENCÁNTANOS ESA CARA CON ALIMENTOS!!

QUE TEN QUE ESTAR RIQUÍSIMA!!