viernes, 22 de junio de 2018

BO VERÁN A TODOS!



Queremos desexar aos nosos alumnos e as súas familias unhas felices vacacións de verán.
Tamén mandámoslle unha forte aperta e moitos bicos a Eva, Enma e Lucía de Leiro, Rodrigo, Breixo, Manuel, Mencía, Nerea e Brian de Ribadumia, Miguel, Guillermo, Danny, David e Álvaro de Sisán e Emma, Beatriz, David Castro e Rubén de Lois. Tres anos convosco e agora xa sodes uns chicos grandes que comezan a Educación Primaria. Estamos seguras de que nesta nova etapa todo vos vai a ir moi ben e ides facer moitos amigos novos.

martes, 19 de junio de 2018

DIPLOMA HEROES VERDES

Este curso participamos no concurso “heroes verdes” da Casa Grande de Xanceda. Para celebrar os seus 50 anos de granxeiros, pretendían atopar a persoas, asociacións ou empresas que loitaran por un mundo máis sostible realizando accións que axudaran a manter a biodiversidade e o equilibrio ambiental así como o benestar animal. 
Nós presentamos a “Patrulla medioambiental do C.R.A de Ribadumia”, mostrando a través de varias fotos todo o que facemos na nosa aula de natureza para coidar o Planeta e comer sa (tamén puxemos un enlace ao noso blog).


Non gañamos, aínda que quedamos entre os finalistas, pero recibimos un diploma que nos acredita como heroes verdes.

martes, 5 de junio de 2018

ELISA COMENDO ACELGAS

A Elisa, alumna de Ribadumia B, tocáronlle acelgas no sorteo das verduras do noso invernadoiro. Anxo, o seu papá, mandounos unha foto coa tortilla que fixo con elas a súa mamá e que lle encantou.
Quero das as grazas a esta familia pola foto e, alégrome moito de que os nenos cada vez coman máis verduras e hortalizas.

lunes, 4 de junio de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Mañá, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano, o mundo unirase para combater a contaminación por plásticos dun só uso baixo o lema “Un planeta #sen contaminación por plásticos”. A campaña insta aos gobernos, a industria, as comunidades e as persoas a xuntarse para reducir a produción e o uso excesivo de plásticos desbotables que contaminan os nosos océanos, danan a vida mariña e ameazan a saúde humana.
Nós, na aula de natureza, estivemos falando da importancia deste día e lembrando que lixo hai que meter no contedor do plástico.


Despois lemos o conto “A historia do Rainbow Warrior” de Kalandraka.
En 1978 un barco coas cores do arco da vella comezou a sucar os mares e océanos do planeta para denunciar ante a humanidade a caza indiscriminada de baleas e focas, a contaminación provocada polos residuos tóxicos e radioactivos, as explotacións petrolíferas e de gas, o uso de redes mortíferas para especies mariñas indefensas… 
Algúns países foron sensibles a esas protestas e aprobaron leis que contribuíron a que o mundo fora máis habitable. 
Pasaron 21 anos dende que aquel primeiro Rainbow Warrior foi afundido no fondo das augas e convertido en arrecife artificial. Pero a súa replica actual, mantén a súa causa tan vixente como o primeiro día.
Tras escoitar esta preciosa historia, de cómo os guerreiros do arco da vella loitaron por defender o planeta e as súas especies da contaminación e das agresións medioambientais, cada neno debuxou a súa versión deste barco.