Mostrando entradas con la etiqueta AS ÁRBORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AS ÁRBORES. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O 21 de marzo conmemoramos o Día dos Bosques.

Na aula de natureza estivemos lendo dous contos:

“Mucki y la mariposa Marina” de Andrés Labrador (editorial Langenscheidt). A través das súas follas coñeceremos a historia de “O avó”, que é a árbore máis vella dun monte, e Marina, unha bolboreta que vive no seu tronco. Pero un día escoitan un ruído atronador e Mucky, e este pequeno animaliño, tratarán de salvar á súa amiga xa que veñen para cortala.


“Por qué necesitamos árboles” de Katie Daynes (Mis primeras preguntas de editorial Usborne). Que explica o importante papel que teñen as árbores no noso Planeta.

Despois estivemos falando do importantes que son as árbores, e @s nen@s e entre todos estivemos enumerando todos os beneficios que nos proporcionan: limpan o aire, marcan as estacións do ano, producen osíxeno, dan madeira e sombra, son a casa de algúns animais, abonan para as plantas, baixan a temperatura do chan,  dan froitas, axudan a aforrar enerxía, baixan a temperatura do chan e tamén o enriquecen e proporciónanlle máis humidade , manteñen os ríos limpos, aforran auga e refrescan as rúas.

A continuación escribiron en cintas, con rotuladores permanentes,  todas estas cousas que non dan e tamén realizaron debuxos para decoralas.







Para rematar, fomos ao noso xardín e atamos cada cinta nunha árbore para que as persoas sexan conscientes de todos os seus beneficios, e así as protexan e traten con cariño.







sábado, 4 de mayo de 2024

MURAL DOS NOSOS BOSQUES

Na aula de natureza levamos tempo preparando, pouco a pouco e entre todos os alumnos, un bosque onde aparezan algúns dos animais e árbores que podemos atopar nos nosos bosques.

Os animais xa os estivemos vendo en vídeos e coñecendo e escribindo os seus nomes. Para debuxalos miramos en internet como facelo de forma fácil, e tamén no libro “Como dibujar animales” de Susaeta. Ademais, temos en marcha un caderno viaxeiro no que as nosas familias están escollendo o seu preferido.

As árbores estivemos vendo como era o seu tronco, folla, froito…, a medida que as iamos poñendo no mural. Decidimos, para lembrarnos desta peculiaridade, poñerlle as follas marróns ou verdes segundo lle caeran no outono ou non (caduca ou perenne).














ESTAMOS MOI CONTENTO DE COMO QUEDOU O MURAL!!

ENCÁNTANOS O NOSO BOSQUE!!

sábado, 13 de abril de 2024

PRESERVAMOS O ECOSISTEMA PLANTANDO ÁRBORES

Onte, venres 12 de abril, realizamos unha saída á Comunidade de montes de Baroña (Porto do Son) invitados por eles e a Universidade de Vigo dentro do Proxecto Multiforest. Esta actividade puidemos realizala grazas a Xana, a mamá dun dos nosos alumnos, que traballa na Universidade de Vigo na escola de Enxeñaría Forestal.

Unha vez que chegamos alí, estivemos falando do importantes que son as árbores e de todos os beneficios que nos proporcionan: limpan o aire, dan sombra e froitos, son a casiña de moitos animaliños…

Despois plantamos castiñeiros, cerdeiras e freixos. 


Para realizar esta tarefa un neno suxeitaba a  árbore e os outros ían cubríndoa coa terra. 

Tamén lle puxemos algún abono para favorecer o seu crecemento, reforzar as raíces e proporcionar maior resistencia contra as pragas e enfermidades.

Entre todos os nenos do CRA de Ribadumia…

PLANTAMOS MOITÍSIMAS!!

Nesta Comunidade de Montes, tamén teñen ovellas e vacas que van comendo a herba e deste xeito contribúen a evitar os incendios.

Despois de tanto traballar, merendamos para repoñer forzas...


Antes de marchar déronlle aos nenos e mestres agasallos: unha bolsa, libreta, caderno de actividades “descubrindo a madeira” e un lapis e unha buxaina de madeira.


 Ademais tamén uns xogos de cartas de IMAXINA, para as aulas, no que hai que enlazar imaxes a través da madeira sostible.

QUE BEN O PASAMOS CONTRIBUÍNDO A COIDAR O NOSO MEDIO AMBIENTE!!

MOITAS GRAZAS Á COMUNIDADE DE MONTES DE BAROÑA E SOBRE TODO A XANA, POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE REALIZAR ESTA ACTIVIDADE!!