martes, 31 de marzo de 2020

REPOLO RECHEO

Patricia, a mamá de Gael de Leiro, mandounos unhas fotos da receita que fixeron co repolo que lle tocou no sorteo das verduras que xa están listas para a colleita.


Fixeron repolo recheo de arroz, carne e queixo.

Aquí tedes a Gael facendo os roliños.


E así quedou o repolo recheo.


QUE BO COCIÑEIRO ESTÁ FEITO GAEL!

ESTA RECEITA TEN QUE ESTAR RIQUÍSIMA!


Podemos intentar facela na casa, incluso utilizando outros ingredientes para o recheo como atún, outras verduras, polo ou peixe en anacos pequenos etc… Tamén en vez de  follas de repolo, poden ser de espinacas, acelgas...

PLANTANDO LEITUGAS E PEMENTOS

Marcos da aula de Leiro, non para de traballar. Sandra, a súa nai, mandounos ao correo electrónico unhas fotos nas que podemos velo...


Co seu sacho, como ferramenta de traballo.


Subido no seu tractor levando a ferramenta.

Facendo os regos co sacho, para poder plantar leitugas e pementos.

NOTAS DO 2º TRIMESTRE

O profesorado do C.R.A de Ribadumia xa puxo as notas do 2º trimestre no XADE e xa realizou a avaliación conxunta.  
Para que poidades ver as notas dos vosos fillos/as, tedes que descargar a aplicación abalar móbil (da Xunta de Galicia).


Unha vez descargada, neste PDF explícavos o que tedes que facer para rexistrarvos e movervos pola aplicación.

Unha vez rexistrados, xa podedes acceder utilizando o contrasinal elixido. Ao entrar se pinchades no nome do voso fillo/a e despois, pulsades nas tres raias horizontais que tedes arriba a esquerda iredes ao menú onde aparece un apartado que pon cualificacións. Ao entrar nel, tedes que dar arriba en 2ª avaliación e xa podedes ver as notas dos nenos/as.

lunes, 30 de marzo de 2020

MARCOS DEBUXA DINOSAUROS

Sandra a mamá de Marcos de Leiro, mandounos un correo dicíndonos que como hoxe facía frío estiveron buscando todos os contos de animais que había na casa. 


Despois Marcos elixiu o que máis lle gustou, que era de dinosauros, e púxose a debuxalo.




MIRADE QUE DINOSAURO TAN BEN DEBUXADO!


PENSO, QUE NIN EU O FARÍA TAN BEN!

sábado, 28 de marzo de 2020

DANA E ADRIANA PLANTAN SEMENTES

Dana e Andrea, da aula de Ribadumia B, plantaron sementes de tomate, 
acelgas, cabaciñas, xudías e azafrán. 
Para facelo, déronlle un novo uso a pequenos tarriños de plástico. 



                                      Están desexando que comecen a brotar!

Tamén plantaron esgallos de xasmín. 


Dana, na foto, quere amosarnos o carballo con botas que plantamos na escola. Para que teña máis espazo para medrar, transplantárono a unha maceta.


Coa chegada da primavera xa ten brotes novos!

A XARDINEIRA CARMEN

Carmen Barcala, da aula de Ribadumia A, está feita unha verdadeira xardineira. Mirade todo o que fixo:
Na primeira foto podedes vela plantando un esgallo de ameixeira, e na segunda regando a árbore que xa medrou.



Na malla antixerminativa puxo pementos de Padrón.


E en saquiños de plástico, que utilizou como macetas, tamén plantou caléndulas, xirasol, boca de león e lobelia.



BRAVO POLA XARDINERA CARMEN!

CELEBRACIÓN DO DÍA SAÚDE

O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. O que se pretende con esta conmemoración é lograr a cobertura sanitaria para todo o mundo. Para acadalo é necesario que todas as persoas, independentemente da súa capacidade económica ou situación persoal, poidan ter a atención que necesiten cando a requiran.


Debido ao coronavirus temos que confinarnos nas casas para conter a infección e previr a aparición de novos casos. Pero hai xente que non o fai, poñendo en risco aos demais.

Pero tamén hai moita que se está expoñendo, por todos nós, ao virus: médicos, enfermeiras, auxiliares, persoal de limpeza, policía, garda civil, o exercito, bombeiros, farmacéuticos e auxiliares de farmacia, persoas que traballan nos supermercados, tendas e mercados, os recolledores do lixo, etc. 

Por isto, para celebrar este día queremos pedirvos vídeos, debuxos, murais etc… cós que animar á xente a “quedarse na casa” pola SAÚDE DE TODOS. E tamén, para agradecer a toda estas persoas o gran esforzo que están facendo poñendo en risco a súa saúde.

CANTAS COUSAS FAI VALENTINA!

Valentina, de Ribadumia A, está facendo moitas cousas estes días na súa casa.

PLANTA AMORODOS


TEN CARACOIS DE MASCOTA. Cóidaos e dálles de comer follas.


AXUDA AOS SEUS PAIS NA COCIÑA



MOI BEN VALENTINA, CANTO TRABALLAS!

viernes, 27 de marzo de 2020

LÍA AMOSA OS SEUS TAXETES E PROPÓN UNHA MANUALIDADE

As sementes de taxete que Lía plantou no colexio xa medraron e cunha pouca de terra do composteiro puxo a planta nunha maceta para que poida seguir medrando.


Para reutilizar o vaso no que plantamos as sementes (e así reducir a cantidade de lixo que tiramos ao contedor) fixo unha manualidade. Trátase dun coelliño, que sube e baixa se tiras da palliña.

                                              MANDA UN BICO PARA TODOS!


ENCÁNTANOS LÍA!
UNHA APERTA E MOITOS BICOS PARA TI TAMÉN!

ESTA MANUALIDADE TAMÉN PODEMOS FACELA TODOS NA CASA!

jueves, 26 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

A mestra Belén de Audición e Linguaxe, colgou no seu blog actividades: xogos para fomentar o seu desenvolvemento e comprensión dos nenos, “veo-veo”, “os contrarios”, adiviñas, como facer un teatro de sombras, fichas para estimular a linguaxe oral, praxias para mellorar o ton muscular e a coordinación dos órganos implicados na fala, exercicios de sopro etc…
Aquí debaixo tamén deixo o enlace a estas actividades e ao seu blog para que as vexades e sigades mirando outras que vaia colgando.

miércoles, 25 de marzo de 2020

CANTAS COUSAS FAI ALBA!

Ao noso correo chegaron unhas fotos enviadas por Mónica, a mamá de Alba da aula de Ribadumia A, para amosarnos todas as cousas que fai estes días na casa.
Fixo un biscoito. Nas fotos amosa os ingredientes, bótaos, espera a que se mesture todo e ensina o resultado.




QUE RICO TEN QUE ESTAR ALBA!

Axuda aos seus pais nas tarefas da casa.


E fai os exercicios de psicomotricidade que propuxo o mestre de E.Física Mariano.



CANTO TRABALLA ALBA E QUE BEN O PASA!

PLANTANDO UNHA MACEIRA

Aquí tedes a Carmen de Lois, que está axudando ao seu pai Antonio a plantar unha maceira.


QUE BOA XARDINEIRA É CARMEN!

PROPOSTAS DE MÚSICA

Tedes colgado no blog do C.R.A e de música, un vídeo dunha das clases que fixeron os nenos cantando, bailando ao ritmo das pandeiretas. 
TODOS A CANTAR E BAILAR!

Aquí tedes o enlace ao seu blog para que vaiades vendo todo o que propón:

martes, 24 de marzo de 2020

ROI DEBUXA ANIMAIS

Roi de Leiro, todas as noite le un conto e despois nunha folla escribe a data, o título, os personaxes e fai un debuxo sobre el. 
Aquí tedes tres que fan referencia a animais como o cervo de “Bambi” e patos e cisnes de “O parrulo feo”.



ACTIVIDADES DE INGLÉS

Xa puxen no blog principal do C.R.A as actividades que propón a mestra de inglés Anabel. A continuación tedes o enlace.


CUMPREANOS DE MARIO

Hoxe está de aniversario Mario! Xa son 6 años! Que maior!.
Vai celebralo na súa casa coa súa familia pero, como tamén quería compartilo co seu colexio, enviounos ao correo do blog unha foto cós adornos que puxo e outra co seu especial almorzo de hoxe.
Di que, aínda que non poida estar connosco, lémbrase moito de todos.


 MOITAS FELICIDADES MARIO!


QUE DELICIOSO ALMORZO!

Enviámoslle un “audio”, ao correo da súa mamá Susana, para felicitarlle polo seu aniversario

A Mario e aos nenos do C.R.A, queremos dicirvos que nós tamén lembrámonos moito de todos. Pero pronto volveremos a estar todos xuntos no colexio.

lunes, 23 de marzo de 2020

MOITAS ACTIVIDADES

Xa tedes, no blog principal do C.R.A, unha entrada con todas as cousas que se están facendo nas distintas aulas. Tamén puxen enlace aos blogs para que vaiades vendo todo o que as mestras van colgando. Aquí tedes o enlace:

Pronto haberá tamén actividades e vídeos de inglés aportados pola mestra Anabel.
De vez en cando mirade o que propoñendo nos diferentes blogs do C.R.A, xa que se 
van  ir poñendo cousas novas. 
Todas son voluntarias, a intención de colgalas é que os nenos poidan entreterse e pasar estes días nas casas

XA ESTÁN SAÍNDO OS AMORODOS DE MARCOS

Na casa de Marcos plantaron amorodos en macetas e mandáronnos unha foto
 para amosarnos o primeiro amorodo da tempada.


QUE RICOS!

E aquí o tedes regando as plantas de amorodos.

TAXETES

Xa están chegando máis fotos de cómo medraron as sementes de  taxete, que plantaron en vasos de plástico, os nenos de Leiro. Aquí tedes os de Laura, que puxo nunha maceta para que medraran máis.

TODOS A FACER XIMNASIA!

Xa tedes no blog principal do C.R.A de Ribadumia un enlace para ver, e se queredes descargar, as actividades que propón o mestre Mariano de E.F para realizar cós nenos na casa.


E aquí un enlace ao vídeo de psicomotricidade que tamén mandou.


Tamén poñerei, no blog principal, as actividades que están propoñendo as titoras e mestres especialistas.

OS ANIMAIS

Vamos con outra proposta relacionada coa natureza. 
No canal Happy Learning Español (do que xa puxen o enlace) hai moitos vídeos educativos para aprender sobre os animais. Vou poñer aquí uns cantos:
https://www.youtube.com/watch?v=UA13jG8cJa8 Os animais carnívoros máis perigosos
https://www.youtube.com/watch?v=cszywubkfSA Por qué algunhas serpes son velenosas?
Podedes ver os que máis lles interesen aos vosos fillos.
A miña proposta é que mandedes debuxos de animais feitos polos nenos aos que poden poñerlle un texto (o seu nome, algunha curiosidade sobre eles…). Tamén poden facer origami de animais. Para facilitar isto, poño enlaces de:
Debuxos de animais paso a paso:
https://www.youtube.com/watch?v=52mZBtqSA9Y debuxar paso a paso unha ovella
https://www.youtube.com/channel/UCGyd4JN6wbi5k6BkNFrNabA Neste canal de “Rincón dibujos” tedes máis vídeos para que os nenos aprendan a debuxar de forma fácil e paso a paso animais e moitas máis cousas.

Origami de animais:
https://www.youtube.com/channel/UCUHfMx4Xxd9q9hrOOtqVxdA Neste canal de Justines tedes máis animais e, para disfrutar en familia, vídeos de manualidades, origami, receitas, cancións etc…

Xa sabedes, podedes mandalos ao correo do blog de natureza blogdenatureza@gmail.com e eu irei colgando todo o que enviedes.


domingo, 22 de marzo de 2020

MEDRARON AS SEMENTES DE TAXETE

Marcos de Leiro, mandounos fotos para ensinarnos como medraron as sementes de
 taxete que plantamos en vasos de plástico os nenos de Leiro.


E tamén quere recordarnos, a través dun debuxo, que todos temos que quedar na casa.


Os nenos da aula de Leiro, aos que lle creceran as súas sementes de taxete, tamén poden mandar foto ao correo blogdenatureza@gmail.com

“APRENDEMOS NA CASA”

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE lanzan “Aprendemos na casa” para facilitar o aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais.
Con cinco horas diarias de programación educativa, está dirixido a estudantes de entre 6 a 16 anos e emitirase en aberto a partir deste luns na franxa matinal de Clan TV e a 2 de TVE.
Para máis información pinchade no documento adxunto:

DÍA MUNDIAL DEL AGUA

Hoxe, 22 de marzo, conmemoramos o Día Mundial da Auga e é un bo momento para falar da escaseza de auga que hai no mundo e de que hai que ser responsable con ela.


A Organización das Nacións Unidas di, que lavarse as mans é esencial para conter a propagación de COVID-19 e moitas outras enfermidades infecciosas.
Tedes que lembrar lavar as mans regularmente con auga e xabón ou un desinfectante para mans a base de alcohol.
A campaña para este #DíaMundialDelAgua é, ser responsable lavándonos as mans e loitando contra COVID19. E, en redes, cós hastag: #ManosLimpias #DíaMundialDelAgua. Dende o blog tamén pedín a vosa colaboración para que mandarades debuxos, lemas para este día, razóns para non malgastala etc... 
E aquí esta a vosa resposta:
Lía de Leiro, mandou unha foto facendo un peixe con material de refugallo e outra ensinándoo. Tamén un debuxo para conmemorar este día e, noutra folla respondeu ás preguntas que lle fixo a súa familia sobre a importancia que ten e como se pode aforrar e así coidar o noso Planeta.




Roi de Leiro enviou un debuxo, recordándonos que a auga é vida.


Yago Riveiro de Lois fixo un debuxo para celebrar este día, onde as gotas de auga 
levan os nomes dos seus compañeiros de aula.


Lara de Lois mandounos a foto dunha plataforma, como se fose o mar, na que puxo moitos animaliños de xoguete e carteis cós que lembrarnos que hai que cerrar as billas cando estamos cepillando os dentes e, o importante que é a auga para todos.


Laura de Leiro enviou dous debuxos onde pon que é moi necesaria, xa que 
sen ela non temos para beber.



Alba de Ribadumia A mandounos un collage para conmemorar este día, no que nos di que a auga é fonte de vida. Tamén unha foto realizando estes traballos.



Leo de Ribadumia B fixo un debuxo, para celebrar o día da auga, onde nos di onde podemos atopala e para que podemos utilizala.



Vera de Ribadumia A mandou un debuxo, có que quere dicirnos a todos que hai que 
aforrar auga xa que “cada gota conta”.


Daniel de Lois, realizou un debuxo onde recorda a todos que “hai que coidala para poder ter mañá”. Para facer as nubes utilizou algodón e para a choiva bastonciños para os oídos.


Xulia de Ribadumia A fixo un debuxo, para conmemorar este día, no que aparecen Elsa e Ana da película “Froxen” (encántanlle estes dous personaxes) nun lago conxelado. 


Carmen de Lois, mandounos un debuxo no que mostra o importante que é a auga tamén para os animais.


MOITAS GRAZAS A TODOS!