O 21
de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES. A
intención desta celebración, é que todos tomemos conciencia da importancia que
teñen as árbores e da necesidade de ensinarlles aos nenos que hai que coidalas xa que
limpan o aire, marcan as estacións do ano, proporcionan osixeno, dan alimentos
e sombra, son a casa dalgúns animais…
Aquí
tedes algúns vídeos para os nenos relacionados con este día:
O 22
de marzo é o DÍA DA AUGA. Con esta
conmemoración o que se pretende é crear conciencia na xente de que hai que coidar
o chamado oro líquido, xa que e moi importante para a vida dos seres vivos e
todas as especies da Terra. Así mesmo tamén se quere dar a coñecer a problemática
dos millóns de persoas que non teñen acceso á auga potable, e de que hai que
tomar medidas urxentes para facerlle fronte.
Estes
son algúns vídeos para os nenos relacionados có día da auga:
Pois,
despois de que vexades estes vídeos, a miña proposta é que os rapaces fagan
dous debuxos nos que representen a importancia das árbores e da auga. Tamén
poden poñer un texto pequeno para recordar a todos a súa importancia.
Unha
vez que teñades os debuxos, podedes mandar unha foto deles ao blog de natureza:
E publicaremos as entradas no blog, con todos
eles, para celebrar estes días.
Tamén
tedes aquí algunhas manualidades para facer na casa con material reciclado: tubos
de papel hixiénico, cortizas, chapas, botellas de plástico, tapóns, botóns…
Podedes mandar foto do que facedes para poñer no blog.
Tamén
hai una bonita iniciativa, que xurdiu nas redes e que xa adoptou moita xente, que
consiste en que os nenos fagan debuxos ou algunhas manualidades para logo colgalas
nas ventás. A idea é que se relacionen a distancia xa que non poden xuntarse
nos parques, escolas…
E
para finalizar, neste enlace de Happy Learning Español, tedes vídeos educativos
interesantes sobre animais, sistema solar, plantas…
No hay comentarios:
Publicar un comentario