Hoxe,
21 de marzo, é o Día Internacional dos
Bosques.
Mediante
a súa celebración réndese homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques e
inténtase xerar conciencia ao respecto. Este ano o tema é:
“Bosques e Biodiversidade”
Demasiado
Preciosos para perdelos
Aquí
tedes os traballos que recibín no correo do blog:
Lía
de Leiro mandou unha foto traballando, un debuxo de un bosque e nunha folla
escribiu todas as razóns polas que hai que coidar as árbores. A súa familia
axudoulle escribíndolle o que tiña que facer en cada unha das follas.
Clara
de Sisán, debuxou con témpera unhas preciosas árbores.
Roi
de Leiro fixo, con material de refugallo, un “home árbore”. Para realizala
utilizou, un tubo de papel hixiénico que pintou como se fora un traxe, unha
casca de ovo que debuxou como se fose a cara e a que lle botou terra e puxo nela
unha pequena planta. Tamén mandou unha árbore na que utilizou follas para facer a súa copa. E escribiu que as árbores son vida.
Yago
de Lois, realizou un debuxo para conmemorar este día e fixo unha árbore con
material de refugallo.
Lara
de Lois, mandounos un debuxo para celebrar este día e unha árbore, á que lle
puxo un esquío, feita cun tubo de papel hixiénico e papel pinocho.
Carmen
Barcala de Ribadumia A, fixo unha árbore con material de refugallo.
Mario
de Ribadumia A, realizou unha preciosa manualidade na que utilizou moito
material de refugallo.
Laura
de Leiro, realizou un debuxo para conmemorar este día, no que tamén nos di unha
das razóns polas que son importantes as árbores.
Alba
de Ribadumia A, enviounos unha árbore feita con material de refugallo e un
precioso debuxo do arco da vella no que nós di “que todo vai saír ben”. E tamén,
coa axuda da súa familia, montou unha árbore como se fose un quebracabezas (para
conmemorar este día) e ao redor púxolle os nomes dos seus compañeiros de aula.
Leo
de Ribadumia B, enviou unha manualidade dun bosque feito con material de
refugallo, plastilina, animais recortados e pintados… E tamén un debuxo para
conmemorar este día.
Brais de Sisán fixo unha árbore con material de refugallo e outra preciosa con témpera, para celebrar o Día Internacional dos Bosques.
Vera de Ribadumia A realizou un debuxo con témpera, có que quere lembrar a todos
que hai que coidar a natureza.
Carmen de Lois, mandounos un debuxo con árbores e unha casa e moitos corazón para dicirnos que ela quéreas moito e que todos debemos coidalas.
MOITAS GRAZAAAAAS POR TODOS ESTES TRABALLOS
E
lembrade…
TODOS QUEDAMOS NA CASA
No hay comentarios:
Publicar un comentario