viernes, 25 de noviembre de 2022

EXCURSIÓN A PORTONOVO

O mércores 23 de novembro realizamos unha saída a Portonovo para visitar a lonxa, o mercado e o porto. Recibimos esta invitación por ser un dos colexios participantes no Plan Proxecta Aliméntate Ben.

O obxectivo desta excursión era que os nenos coñeceran o mundo do mar: con que se pesca, como son os peixes e mariscos, que barcos e aparellos se utilizan para pescar, que oficios hai relacionados co mar… 

Os monitores Ana e Aritz ensináronnos moitas cousas!

Os nosos alumnos puideron sentarse onde se fan as poxas de marisco e pescado, e con uns mandos xogaron a  mercalo. 

Estivemos con dúas redeiras, encargadas de arranxar as redes.



Miramos barcos de pesca e aprendemos a que parte deles se lle chama proa e a cal popa, e observamos as nasas (que utilizan para pescar os polbos, as nécoras, os camaróns…) e tamén as redes.



Un pescador tamén ensinounos un polbo que pescou.

No mercado puidemos ver centolas, berberechos, ameixas, bois, mexillóns, peixes sapo, luras, raias, xardas, rapantes…

Aquí tamén agasalláronnos cunhas preciosas bolsiñas!


Para rematar déronlle unhas bolsiñas onde tiñamos para merendar croquetas, un anaco de pizza, un iogur e unha botella de auga.



lunes, 14 de noviembre de 2022

BRÓCOLI

Hoxe os alumnos de Leiro plantaron brócoli.


Máis fotos pinchando neste ENLACE.

Agora xa temos o invernadoiro cheo de verduras, e temos que esperar a que medren para sortealas entre os nenos. Deste xeito, poderán degustalas en familia nas casas.

VIOLAS

Co traballo que nos costou limpar o xardín, estamos tendo días de choiva nos que non podemos plantar e as herbas malas están comezando a medrar de novo.

Pero este venres, 11 de novembro, saíu o sol os nenos de Sisán estiveron plantando viola


AQUÍ tedes máis fotos .

viernes, 11 de noviembre de 2022

MÁIS VERDURAS PARA O NOSO INVERNADOIRO

Como xa botamos compost no invernadoiro, seguimos plantando para enchelo de verduras.

As elixidas foron repolos corazón, porros e asa de cántaro, e os encargados de facelo os nenos das aulas de Leiro, Ribadumia B e Ribadumia A respectivamente.

LEIRO (repolos corazón)


Neste ENLACE tedes máis fotos.

RIBADUMIA B (porros)

Pinchando AQUÍ podedes ver máis fotos.

RIBADUMIA A (asa de cántaro)


Máis fotos neste ENLACE.

lunes, 7 de noviembre de 2022

QUE BO É O COMPOST!!

Xa estamos botando as mondas das froitas das merendas no composteiro para facer compost.


Pero como xa temos, estivemos colléndoo para mesturalo coa terra do noso invernadoiro. Este abono orgánico non ten elementos químicos, e grazas a el as nosas verduras medrarán máis e serán máis sas.


Despois de realizar esta tarefa, comezamos a plantar…

Os primeiros en facelo foron as aulas de Lois e Sisán, que plantaron leitugas e coliflor respectivamente.

LOIS


Tedes máis fotos AQUÍ.

SISÁN


 Podedes ver máis fotos pinchando neste ENLACE.

viernes, 4 de noviembre de 2022

A COMPOSTAXE

Na aula de natureza estivemos lendo “Aqueles monstros anciáns que viven baixo a terra”. Trátase dun conto que, a través de Sogama, difunde a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda. 
Os protagonistas desta historia son tres microorganismos (Rufo, Pedro e Coco) que viven baixo a terra, e que pasan o seu tempo comendo restos orgánicos que logo converten en un algo máxico que se chama compost, que vai servir de abono natural para as plantas xa que lles aporta nutrintes de alta calidade.


Como nos temos un composteiro, queremos que os nosos alumnos se animen a facer compost coas mondas das froitas das merendas, as follas secas, a herba…, xa que outros amiguiños de Rufo, Pedro e Coco, están esperando estes residuos coa boca aberta.

Despois estivemos vendo un vídeo de callou, no que este neno descubre a maxia do compost a través da súa avoa.

Para rematar, nunha ficha estivemos rodeando as cousas podiamos meter no composteiro e tachando as que non.