viernes, 29 de septiembre de 2023

LIMÓNS E CASTAÑAS

Esta semana estivemos recollendo algunhas das froitas que deron as nosas árbores.

Debido aos cambios de tempo, paxaros e abellas, hai algunhas que non puidemos apañar como: mazás, figos e marmelos (estes últimos podrecéronse  estando aínda verdes).

O que si tivemos e colleita de limóns e castañas que os nenos puideron levan para degustar en familia.

LEIRO COLLENDO LIMÓNS



RIBADUMIA B COLLENDO CASTAÑAS

Para non pincharnos cos ourizos, utilizabamos os pés para abrilos e poder coller o froito.


sábado, 23 de septiembre de 2023

A NOSA TARTARUGA BORJA

Esta semana, os nenos novos coñeceron á nosa tartaruga Borja e os de 4 e 5 anos puideron ver o que medrou despois do verán.

Despois estiveron dándolle de comer, e comprobaron como devora todo.

LEIRO


RIBADUMIA B


LOIS

RIBADUMIA A


SISÁN

Todos os nenos terán a oportunidade de alimentala durante o curso, xa que será unha actividade que irá rotando

A partires do mes de novembro, e ata a primavera, as tartarugas soen hibernar polo que xa non comen case nada.  

lunes, 18 de septiembre de 2023

BENVIDOS, UN NOVO CURSO, Á AULA DE NATUREZA!!

Esta semana empezamos as actividades da aula de natureza do CRA de Ribadumia.

Un novo curso seguimos formando parte do Programa Medioambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Nesta 27ª edición, o tema central é o coñecemento e a protección da flora e a fauna autóctona. Traballaremos para coñecer as especies do noso entorno máis próximo e saber cales son as que están en perigo de extinción.

No CRA de Ribadumia levamos varios anos traballando para que os nosos alumnos tomen conciencia de que as nosas acción poden xerar ou degradar a vida da natureza.

Hoxe en día o noso Planeta atravesa por moitos problemas medioambientais como consecuencia da actividade humana: cambio climático, deforestación, perdida de biodiversidade, contaminación... Debido a isto, consideramos que resulta imprescindible que dende a etapa de Educación Infantil os nenos adquiran conciencia da importancia da natureza e amplíen os seus coñecementos sobre ela a través dunha metodoloxía activa e participativa, co fin de lograr mellorar as súas condutas no futuro. Non soamente hai que valorala, senón tamén tomar as medidas necesarias para non facerlle dano e saber que pequenas e simples actitudes e accións poden contribuír ao seu coidado.

O noso obxectivo principal é que logren sincronizarse co medio ambiente e natureza, comecen a sensibilizarse sobre a necesidade de protexelos, aprecien todos os beneficios naturais que nos proporcionan e aprendan a utilizalos na vida diaria para o seu consumo de forma responsable e ecolóxico.

Todas as actividades que realizamos van encamiñadas a que:

- Aprendan a plantar e realizar tarefas de limpeza do xardín e invernadoiro.

    - Adquiran hábitos saudables. Co noso invernadoiro aprenderan a cultivar e coidar as verduras que plantan, e que posteriormente levaran ás casas para degustar en familia alimentos sas.

      - Comecen a:

·      Realizar a recollida selectiva, a través da separación dos residuos. Para isto, contaremos con contedores de plástico, papel e cartón e orgánico.

·         Reutilizar algúns refugallos para darlle unha nova vida (botellas de plástico,  tubos de papel hixiénico, tapóns, caixas…).

- Coñezan as conmemoracións (día dos animais, da reciclaxe, dos bosques, da auga…) coas que pretendemos sensibilizalos sobre a importancia de protexer o medio ambiente, a natureza e os seres que nela habitan.

O conto será un recurso moi utilizado, debido a  que consideramos que para os nosos alumnos de 3 a 6 anos é unha maneira máis amena e efectiva de traballar os problemas medioambientais xa que soen identificarse cos personaxes e poñerse no seu lugar. A través del captaremos máis a súa atención e interese, atoparán unha explicación máis razoada a todo o que acontece, entenderan a súa importancia e incorporarán de forma máis natural todas as cousas que podemos facer para preservar o noso Planeta.