martes, 21 de junio de 2016

DIPLOMAS DE MEDIO AMBIENTE

Non gañamos o VI Concurso Escolar “Cuidamos el Medio Ambiente” (Organizado por Produtos IMEDIO S.A). Pero mandaron, a todos os participantes, uns diplomas para que os puideran levar os alumnos de 5 anos que rematan a Educación Infantil.
Aquí os tedes cos seus diplomas.





TÁMARAS

Os alumnos/as de Leiro, no mes de febreiro, estiveron plantando as támaras (semente da palmeira) que apañaran cando foron ver a palmeira da igrexa de San Xoán de Leiro. Despois de todos estes meses xa xerminaron e, cada neno/a levou a súa para seguir coidándoas nas casas.



PLANTADO SEMENTES DE CABAZA

Os nenos/as da aula de Leiro estiveron plantando sementes de cabaza no xardín.
Estamos desexando que medren cabazas, durante o verán, para poder utilizalas na festa do Samaín do vindeiro curso académico 2016-17.


Podedes ver máis fotos AQUÍ.

viernes, 17 de junio de 2016

XACINTOS DE AUGA

No estanque do noso xardín xa non hai carpas, debido a que as roubaron, pero temos xacintos de agua que xa botaron fermosas flores.

jueves, 9 de junio de 2016

lunes, 6 de junio de 2016

TORTIÑAS COAS LEITUGAS DO INVERNADOIRO

Esta semana temos taller de cociña. Nel estamos preparando “tortiñas” coas leitugas do noso invernadoiro.
Os ingredientes que utilizamos foron:
Unha rebanda de queixo e outra de xamón cocido, que os nenos/as trouxeron das casas.
Tortiñas de trigo e atún, que mercou o colexio.
Unha leituga, que collemos no noso invernadoiro.
Para a súa elaboración, lavamos as follas de leituga e despois partímolas en anacos moi pequenos. Puxemos enriba da tortiña a leituga e un pouco de atún. E para rematar, a rebanda de queixo a de xamón cocido e, enrolamos todo.






Despois na aula de natureza, escribiron o nome da receita e os ingredientes que utilizamos.


domingo, 5 de junio de 2016

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o Día do Medio Ambiente. A Patrulla Alerta Natureza, quere recordar a todos a importancia desta data…





Na aula de natureza, fixemos un mural no que os alumnos debuxaron algunhas das cousas que podemos facer para coidar o medio ambiente.







jueves, 2 de junio de 2016

MOITAS FLORES PARA O NOSO XARDÍN

Hoxe os alumnos do CRA de Ribadumia que rematan a Educación Infantil, tiveron una xornada de convivencia no CPI Julia Becerra Malvar para coñecer o seu futuro colexio.
Os nenos de 3 e 4 anos quedaron nas súas aulas, menos os de Ribadumia A e B que estiveron xuntos na sede en Leiro.
Na aula de natureza, para encher de flores o noso xardín, estiveron plantando (xunto cós alumnos de Leiro) xeranios, caraveis chinos, taxetes e alegrías guineanas.

TAXETES


ALEGRÍAS GUINEANAS 


XERANIOS


CARAVEIS CHINOS


 Máis fotos de Ribadumia A e B AQUÍ.

E de Leiro neste ENLACE.