lunes, 6 de junio de 2016

TORTIÑAS COAS LEITUGAS DO INVERNADOIRO

Esta semana temos taller de cociña. Nel estamos preparando “tortiñas” coas leitugas do noso invernadoiro.
Os ingredientes que utilizamos foron:
Unha rebanda de queixo e outra de xamón cocido, que os nenos/as trouxeron das casas.
Tortiñas de trigo e atún, que mercou o colexio.
Unha leituga, que collemos no noso invernadoiro.
Para a súa elaboración, lavamos as follas de leituga e despois partímolas en anacos moi pequenos. Puxemos enriba da tortiña a leituga e un pouco de atún. E para rematar, a rebanda de queixo a de xamón cocido e, enrolamos todo.






Despois na aula de natureza, escribiron o nome da receita e os ingredientes que utilizamos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario