lunes, 30 de noviembre de 2015

VERZAS DECORATIVAS PARA O XARDÍN

Os alumnos da escola de Leiro, estiveron plantando verzas decorativas.



Trátase dunha planta con follas grandes e rizadas, que pode ter cores vermellas e rosadas, amarelas ou brancas e verdes…
Tedes máis fotos, pinchando AQUÍ.

Despois na aula de natureza fixemos unha ficha para lembrar o nome da planta e o lugar onde a plantamos. 


sábado, 21 de noviembre de 2015

COIDAMOS OS NOSOS CARACOIS

Para coidar aos nosos caracois, estamos humedecendo os acuarios e botándolle de comer…






Temos que dar as grazas a Mateo, da aula de Sisán, e a súa avoa por buscar caracois e traelos para ter máis nos nosos acuarios  e tamén por coller follas de verduras para que poidamos darlles de comer…


Todos os que queiran traer follas de verduras para darlles de comer, poden facelo…

jueves, 19 de noviembre de 2015

ÁLOE VERA Y RUDA PARA O NOSO XARDÍN

De novo temos que dar as grazas a Estíbaliz, a mamá de Pedro, por traernos para plantar no noso xardín ruda e áloe vera.
Antes de plantar estivemos falando, cos nenos de Ribadumia A, sobre as propiedades medicinais da áloe vera. 
Co que descubrimos sobre ela, chegamos a conclusión de que vai estar moi ben tela no noso colexio, xa que utilízase moito á hora de acabar coas lesións da pel (queimaduras solares, rozaduras, irritacións, cortes…) por ter un efecto cicatrizante.
ÁLOE VERA


RUDA

martes, 17 de noviembre de 2015

REMATANDO O PROXECTO SOBRE OS CARACOIS

Xa queda pouco para acabar o noso proxecto sobre os caracois… Son moitas as cousas que os nosos alumnos xa saben sobre eles…
Estes son os últimos traballos que estamos realizando… 

lunes, 9 de noviembre de 2015

CRISANTEMOS

Os alumnos da escola de Leiro, estiveron plantando crisantemos no xardín.






O noso xardín xa comeza a ter cor!





Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

Despois, na aula de natureza, fixemos unha ficha para lembrar o seu nome e o lugar onde se plantou.