miércoles, 30 de mayo de 2012

PLANTAMOS SEMENTES DE XIRASOL


Os nenos da aula de 3 anos de Ribadumia estiveron plantando, no xardín, as sementes de xirasol que se recolleron ao principio do curso.

 


Estamos desexando que medren axiña…

Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.


lunes, 28 de mayo de 2012

SORTEAMOS MÁIS VERDURAS…


Xa están listos para a colleita os porros, repolos, asa de cántaro… Como coas demais verduras estamos realizando o sorteo entre os nenos de cada aula para que as vaian levando para as súas casas e preparen ricas receitas con elas.
                                                            
ASA DE CÁNTARO


PORROS


REPOLOS









A continuación, deixamos dous enlaces nos que podedes atopar outro xeito de preparar o repolo máis propio destas datas nas que xa empeza a facer máis calor e apetece preparar receitas máis frescas.

domingo, 27 de mayo de 2012

RECICLAMOS PILAS…


As pilas son imprescindibles para que funciones os reloxos, mandos a distancias, algúns xoguetes… Cando xa non funcionan, é moi importante non tiralas ao lixo nin gardalas nos caixóns xa que poden descompoñerse e os metais que conteñen son moi contaminantes.
Na nosa escola, temos unha nova mascota chamada PILIÑAS na que os nenos van metendo as pilas usadas que traen das súas casas. Cando este cheo, levarémolas a un punto limpo onde recuperarán os metais que conteñen para poder reutilizalos sen que contaminen o medio ambiente.
 

lunes, 14 de mayo de 2012

GAÑADOR DO CONCURSO DE LEMAS

E o gañador do concurso de lemas sobre as árbores é...


¡VÍCTOR VÁZQUEZ GONZÁLEZ!
Como as árbores limpan o aire e nas cidades o que respiramos esta contaminado polos fumes das fábricas, tabaco, coches… Víctor debuxou no seu tronco (este e as pólas están representados por un brazo e unha man) unha cidade co fin de que o aire nela se volvera máis limpo e a xente puidera respirar mellor.
Unha vez que o imprimamos en pegatina,  todos nenos do C.R.A de Ribadumia levarán  o “lema con debuxo” de Víctor para as súas casas.

jueves, 10 de mayo de 2012

OS NOSOS LEMAS SOBRE AS ÁRBORES

A vindeira semana, os mestres do C.R.A de Ribadumia, elixiremos o mellor  “lema con debuxo” entre todos os que fixeron os nenos. O noso obxectivo, con esta proposta, é o de sensibilizar a nenos e adultos sobre a importancia das árbores e a necesidade de respectalas  e coidalas como parte, que son, do noso medio ambiente.
Aquí tedes unha pequena mostra dalgúns deles.







¿CAL SERÁ O ELIXIDO?

miércoles, 9 de mayo de 2012

ÁRBORES FROITEIRAS


Cada escola plantou unha árbore froiteira e, na aula de natureza, fixemos unha ficha para lembrar esta nova noticia do xardín.
Os nenos de Leiro plantaron unha figueira.


Máis fotos AQUÍ

 Os de Ribadumia de 3 anos un mandarino


Máis FOTOS

Os de Lois unha pereira



Máis fotos AQUÍ 

Os de Ribadumia 4-5 anos unha cerdeira




Máis fotos AQUÍ


 Os de Sisán unha maceira


Máis FOTOS


OS NOSOS REPOLOS


Os repolos do noso invernadoiro xa están moi grandes…

En  pouco tempo faremos o sorteo, entre os nenos das diferentes escolas, para ver a quen lle toca levar un para a súa casa.

¡MIRADE CANTO MEDRARON!