sábado, 20 de diciembre de 2014

BO NADAL

Dende a aula de natureza do C.R.A de Ribadumia, queremos desexarvos a todos…

       BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

MEDRARON AS NOSAS LEITUGAS...

Como xa está lista a colleita de leitugas que plantamos a finais de OUTUBRO, estamos realizando o seu sorteo entre os alumnos das distintas aulas.

Estes son os nenos que as están levando, para facer riquísimas ensaladas con elas…



















domingo, 14 de diciembre de 2014

A NOSA ÁRBORE CON FLORES RECICLADAS

A resposta a nosa pregunta da entrada “ QUE SERÁ? “ era, como dixo Rita, FLORES.
Estes foron os pasos que seguimos para a súa elaboración:
              Coloreamos flores feitas en papel e recortámolas. Despois as plastificamos (para que non se romperan coa choiva) e polo medio metémoslle un vaso de iogur de “ petit suisse “.












               Forramos un arame con celo verde para facer de talo e, fixemos  un buraco na base do vaso de iogur para metelo.













           Aquí tedes o resultado… 


PLANTAS AROMÁTICAS

Os alumnos da aula de Ribadumia A, estiveron plantando no xardín algunhas plantas aromáticas:





ROMEU









       SALVIA










                                          TOMIÑO
                                         






Despois, na aula de natureza,  estivemos traballamos os nomes destas plantas aromáticas e o lugar onde as plantamos.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

HORTALIZAS PARA O XARDÍN

Durante o outono e inverno, non soemos plantar hortalizas no xardín xa que a xeada, o vento, os bichos… acaban con elas…
Pero este curso imos ser “ positivos “ e facelo, esperando obter colleita de todo o que sementemos.
Iniciaron esta tarefa os nenos da aula de Ribadumia B, plantando brócoli.





Na aula de natureza, realizamos unha ficha a través da que traballamos o nome desta hortaliza e o lugar onde a plantamos.


Máis fotos AQUÍ.

martes, 2 de diciembre de 2014

PRÍMULAS

Os alumnos da aula de Leiro estiveron plantando prímulas. Para darlle un pouco de vida ao noso xardín collémolas de moitas cores: brancas, amarelas, vermellas, rosas, moradas…






Na aula de natureza, fixemos unha ficha na que traballando o nome desta planta e o lugar onde a sementamos.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.