lunes, 27 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017

O venres 24 de febreiro os alumnos, mestres e familias do CRA de Ribadumia celebramos o Entroido no Auditorio de Ribadumia. Este curso, os malos e malas dos contos (Dámatas, Cruella de Vil, Minións, bruxas, o Capitán Garfio, Peter Pan, campanilla, Scarlett, Herb…), foron os protagonistas desta festa.


XOGAMOS…
O primeiro que fixemos foi realizar algúns xogos grupais.


RECIBIMOS A VISITA DE…
Por segundo ano consecutivo participamos, no Plan Proxecta Aliméntate ben da Consellería, nas modalidades de Xermoliño, O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao teu bocata. Nesta festa, tamén recibimos a visita do pescador Luis, a cociñeira Dona Mariña e unha científica que xunto coa Patrulla dos Arroases (cuadrilla de sete nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe). Vimos dous vídeos:
-Un conto dos Arroases, no que descubrimos cales son os seus "superpoderes": Sardiña-forza, Pescada-enerxía, Rodaballo-axilidade, Lirio-tranquilidade, Xurelo-diversión, Trucha-mellor visión, Mexillón-intelixencia.
-Outro, no que repasamos algunhas actividades pesqueiras e a importancia que ten coidar o mar (non tirar lixo).
Despois, realizamos una "actividade de pesca" para coñecer os diferentes peixes que hai, os seus nomes e as súas propiedades. E, para rematar, a cociñeira Mariña ensinounos algunhas ricas receitas que podemos facer con peixe.


RICOS DOCES...
Merendamos deliciosos doces, típicos destas datas, que prepararon as nosas familias para esta festa (orellas, filloas, flores...).


DESFILAMOS...
Merendamos Para terminar, aínda que facía moito vento, fixemos un pequeno desfile polos arredores do Auditorio de Ribadumia.


viernes, 17 de febrero de 2017

PLANTAMOS ÁRBORES FROITEIRAS NO XARDÍN

 Debido ás condicións meteorolóxicas, algunhas aulas non plantaron a súa árbore no xardín como fixera Wangari. Como o tempo mellorou, por fin puideron facelo.

RIBADUMIA A PLANTANDO UNHA AMEIXEIRA





LEIRO PLANTANDO UNHA PEREIRA 






SISÁN PLANTANDO UNHA CERDEIRA






Non quero terminar esta entrada, sen antes dar a grazas á mestra Angeles por axudarme a facer os buracos para plantar as árbores froiteiras...
GRAZAS ANGELES!

viernes, 10 de febrero de 2017

ESTA É A NOSA PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

Na aula de natureza, xa traballamos todos os grupos de alimentos e fixemos 
a nosa Pirámide de alimentos





 


A nosa Patrulla Medioambiental "Alerta Natureza" tamén participa nela, para lembrarnos algunhas das cousas que debemos de facer para medrar sans e fortes:
   - Comer verduras e froitas. Nós utlizamos abonos naturais para que os alimentos, que colleitamos e sorteamos entre os/as alumnos/as, sexán máis saudables.
   - A boa alimentación debe estar sempre acompañada de exercicio físico (camiñar, correr, andar en bicicleta...).
  - Hai que beber moita auga para estar ben hidratados. A través do suor, a orina ou a respiración perdemos moita auga que é necesario repoñer. 
  - Cepillar os dentes tres veces ao día, despois de cada comida, para evitar a placa dental producida pola acumulación de restos de comida.





martes, 7 de febrero de 2017

VOZ NATURA

Temos que dar as grazas a Voz Natura (Programa Medioambiental que subvenciona as actividades que facemos na nosa aula de natureza), por poñer unha entrada no seu facebook animando á xente a mirar as cousas que facemos na nosa aula de natureza.


Tamén queremos invitar a todas as nosas familias a visitar a súa páxina. Nela, poderedes ver todos os traballos que fan nos colexios (que participan en Voz Natura) para coidar o medio ambiente.

Pinchade AQUÍ para acceder ao seu facebook.