O venres 24 de
febreiro os alumnos, mestres e familias do CRA de Ribadumia celebramos o
Entroido no Auditorio de Ribadumia. Este curso, os malos e malas dos contos (Dámatas,
Cruella de Vil, Minións, bruxas, o Capitán Garfio, Peter Pan, campanilla, Scarlett, Herb…), foron os protagonistas desta festa.
XOGAMOS…
O primeiro que fixemos foi realizar algúns xogos grupais.
RECIBIMOS A VISITA DE…
Por segundo ano
consecutivo participamos, no Plan Proxecta Aliméntate ben da Consellería, nas
modalidades de Xermoliño, O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao
teu bocata. Nesta festa, tamén recibimos a visita do pescador Luis, a cociñeira
Dona Mariña e unha científica que xunto coa Patrulla dos Arroases (cuadrilla de sete nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe). Vimos dous vídeos:
-Un conto dos Arroases, no que descubrimos cales son os seus "superpoderes": Sardiña-forza, Pescada-enerxía, Rodaballo-axilidade, Lirio-tranquilidade, Xurelo-diversión, Trucha-mellor visión, Mexillón-intelixencia.
-Outro, no que repasamos algunhas actividades pesqueiras e a importancia que ten coidar o mar (non tirar lixo).
Despois, realizamos una "actividade de pesca" para coñecer os diferentes peixes que hai, os seus nomes e as súas propiedades. E, para rematar, a cociñeira Mariña ensinounos algunhas ricas receitas que podemos facer con peixe.
RICOS DOCES...
Merendamos deliciosos doces, típicos destas datas, que prepararon as nosas familias para esta festa (orellas, filloas, flores...).
DESFILAMOS...
Merendamos Para terminar, aínda que facía moito vento, fixemos un pequeno desfile polos arredores do Auditorio de Ribadumia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario