lunes, 24 de marzo de 2014

OS NOSOS MURAIS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES E DA AUGA

Na aula de natureza, realizamos as seguintes actividades para conmemorar estes días:

-     Día Internacional dos Bosques. Primeiro estivemos falando da importancia que teñen para nos é de todos os beneficios que nos proporcionan. Despois pintamos unha árbore xigante e, en follas, puxemos algunhas das cousas que podemos facer para coidalas e protexelas.




-       Día da auga. Primeiro lembramos o importante que é para a vida de animais, plantas e persoas e que hai moita xente no mundo que non ten a cantidade de auga necesaria para vivir. Despois pintamos o mural e estivemos escribindo, en gotas de auga, que cousas podemos facer para non malgastala.




sábado, 22 de marzo de 2014

MÁIS ÁRBORES

Aquí tedes algunhas características doutras árbores que estamos traballando na aula de natureza…

O bidueiro… que soe medrar á beira dos ríos…


A cerdeira… que da unhas froitas, moi ricas, chamadas cereixas.


A figueira… Da que obtemos os figos. Uns froitos moi brandos e doces, de pel fina e carne chea de sementes miúdas.


AS PRAIAS FAVORITAS DAS NOSAS FAMILIAS

Xa está en marcha, en todas as aulas, o “Caderno viaxeiro: As nosas praias”.
Aquí tedes algunhas das praias favoritas das nosas familias.





viernes, 21 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES E DA AUGA

Hoxe, 20 de marzo, é o día Internacional dos Bosques e mañá, 21 de marzo, o día da Auga.
Nestes días temos que reflexionar sobre a importancia que teñen nas nosas vidas as árbores e a auga, pero sobre todo temos que concienciarnos de que o coidado do Planeta está tamén nas nosas mans e que depende moito do que nos fagamos.

Nos vindeiros días, subiremos ao blog todas aquelas actividades que fagamos para conmemorar estes días.


TODOS XUNTOS PODEMOS

lunes, 17 de marzo de 2014

ANXO MOURE NO SALÓN DO LIBRO

Como xa sabedes, polas últimas entradas do noso blog, na aula de natureza estamos cun proxecto sobre Anxo Moure a través do que xa traballamos: os seus contos, algunhas das árbores que aparecen no seu libro “O carballo con botas”…

Agora, grazas ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, ides ter a oportunidade de levar aos vosos fillos para escoitar a súa historia do “pescador de contos e a xacía Luviñas”, xa que vai estar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Estes son os días é horas nos que vai estar agasallándonos coas súas historias:

Xoves 20 de marzo ás 18:00h.
Domingo 23 de marzo ás 18:30h.
Mércores 26 de marzo as 18:30h.
Venres 28 de marzo ás 17:30h.
Luns 31 de marzo ás 18:30h.
Martes 2 de abril ás 18:00h.
Venres 4 de abril ás 18:00h.
Sábado 5 de abril ás 12:00h.

jueves, 13 de marzo de 2014

XA TEMOS O INVERNADOIRO ARRANXADO

Por fin o bo tempo permitiu que os operarios do Concello de Ribadumia puideran poñer os plásticos novos ao noso invernadoiro.
Temos que dar as grazas ao Concello pola súa colaboración co noso colexio, xa que sempre responden positivamente as nosas peticións.
Tamén queremos dar as grazas a Adolfo e aos empregados do Concello que viñeron a arranxalo.
 
Aquí tedes as fotos de cómo quedou…
 


miércoles, 12 de marzo de 2014

INIMIGOS DAS PLANTAS

Na aula de natureza, estivemos os nomes dalgúns inimigos das plantas e tamén observamos cales son os danos que producen nelas…


martes, 11 de marzo de 2014

AS NOSAS PRAIAS

Este curso 2013-14, na súa XVII edición, Voz Natura ten como tema central “os ríos e praias en boas mans” e, pretenden chamar a atención sobre a necesidade de protexelos e revitalizalos. Como os nosos alumnos son moi pequenos para realizar saídas e levar a cabo accións de limpeza, estudo das especies vexetais que existen neles…, imos traballar todo isto dende a escola.
Hoxe, aproveitando o bo tempo, comezamos na aula da natureza con esta nova actividade á que vamos a chamar:
“Caderno viaxeiro: As nosas praias”
Haberá un por aula e, a través deles, recolleremos:
-       As praias favoritas de mestres e alumnos do CRA de Ribadumia :por ser na que veranean, polas súas vistas, area, auga…

-       As deficiencias que atopamos nelas (a xente tira lixo, non ten socorrista e é un pouco perigosa, non hai duchas, ten desaugadorios de casas ou rios...) e que poderíamos facer para melloralas. 
-       Unha foto ou debuxo da mesma.
Aquí tedes as de algunhas mestras…




A alumna que vai a iniciar esta actividade é Sofía da aula de Ribadumia B.