jueves, 27 de mayo de 2021

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Un curso máis volvemos a participar no Programa “aliméntate ben”, co que se pretende traballar a alimentación saudable.

Esta semana, dentro deste programa, tivemos o obradoiro “Fai clic ao teu bocata” e recibimos a visita de Mar, Roi e Alex que son uns científicos que estudan aos peixes, e que viñeron para ensinarnos o bo que é para a nosa saúde o seu consumo en conservas. Os nenos coñeceron os seus nomes, como son, os aparellos que utilizan os pescadores para collelos e como se enlatan.

Despois déronnos uns deliciosos bocadillos que contiñan sardiñas, queixo, leituga e tomate.



E deixaron todos estos agasallos para cada nenos!

martes, 25 de mayo de 2021

RECICLANDO E REUTILIZANDO

Na aula de natureza, falamos sobre o día da reciclaxe a través do conto “la idea más maravillosa”. Con esta historia tratamos de transmitirlles aos nenos que ademais de meter cada lixo no seu contedor correspondente, tamén podemos darlle a algúns obxectos unha segunda vida (transformar unha botella de auga nunha maraca ou nun floreiro, tubos de papel hixiénico en lapiseiros, vasos de iogur para plantar sementes…).

Valentina, da aula de Ribadumia A, tomou conciencia de que podíaselle sacar rendemento a algúns obxectos antes de tiralos e decidiu poñelo en práctica convertendo unha caixa de cartón nunha casa para xogar. Incluso puxo macetas con plantas ao redor.


MOI BEN VALENTINA!

jueves, 20 de mayo de 2021

miércoles, 19 de mayo de 2021

TOMIÑO

Os nenos de Lois, plantaron tomiño no parterre que temos no xardín destinado ás aromáticas.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

lunes, 17 de mayo de 2021

REVOLTO DE ACELGAS

José Manuel mandounos unhas fotos da súa filla Carla, da aula de Ribadumia B, cociñando un revolto coas acelgas que lle tocaron no sorteo das verduras que plantamos no noso invernadoiro.

AQUÍ TEDES Á CHEF CARLA!

QUE RICO O REVOLTO!

DÍA DA RECICLAXE

 Hoxe, 17 de maio, é o día da Reciclaxe.

No noso colexio realizamos esta tarefa, xa que:

- Separamos o lixo segundo sexa plástico, papel, vidro, órganico…

- Tamén temos ao noso boneco Piliñas para as pilas que xa non serven.

- Na nosa composteira botamos as mondas das froitas das merendas e as follas secas e herbas malas que sacamos do noso xardín para facer abono natural para as nosas plantas.


Para conmemorar este día, estivemos lendo o conto “La idea más maravillosa”. Nel unhas nena quere levar a cabo, co material de refugallo que ten na súa casa, unha idea que ten na cabeza para poder levan ao seu can cando vai no patinete.

Trátase dunha historia motivadora que pretende que non nos desanimemos  cando algo non sae ben á primeira. Cambiando de perspectiva, modificando a nosa forma de pensar e probando de novo, podemos levar a cabo o noso proceso creativo.

Dende a aula de natureza, tamén queremos desexarvos a todos un feliz Día das Letras Galegas.

domingo, 16 de mayo de 2021

DE RUTA POLO CONCELLO DE RIBADUMIA

As nosas familias xa mandaron moitas propostas para percorrer Ribadumia en familia.

Xa temos algunhas como: A Ruta da Pedra e da Auga, Xacementos Arqueolóxicos do Monte do Castro, muíños do Batán e de Lois, Ponte dos Padriños, Igrexa de Santa Baia de Ribadumia...