Na
aula de natureza, falamos sobre o día da reciclaxe a través do conto “la idea
más maravillosa”. Con esta historia tratamos de transmitirlles aos nenos
que ademais de meter cada lixo no seu contedor correspondente, tamén podemos darlle a algúns obxectos
unha segunda vida (transformar unha botella de auga nunha maraca ou nun
floreiro, tubos de papel hixiénico en lapiseiros, vasos de iogur para plantar
sementes…).
Valentina, da aula de Ribadumia A, tomou conciencia de que podíaselle sacar rendemento a algúns obxectos antes de tiralos e decidiu poñelo en práctica convertendo unha caixa de cartón nunha casa para xogar. Incluso puxo macetas con plantas ao redor.
MOI BEN VALENTINA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario