miércoles, 31 de enero de 2018

AS HORTALIZAS

As verduras e hortalizas constitúen, xunto coas froitas, unha fonte moi importante de vitaminas variadas, fibra, sales minerais e elementos antioxidantes.
Os nenos, tenden a ser bastante maniáticos con algunhas comidas. As veces, teñen aversión a algúns alimentos moi nutritivos como é o caso das hortalizas. Aínda que a súa preferencia polas comidas debe de ser respectada e hai que tela en conta á hora de planificar os menús, non hai que deixar que sexan eles os que diten que pratos tomar. O que temos que facer é que a gama de alimentos que lle ofertemos sexa ampla, xa que así vai ter máis posibilidades de variar e será máis fácil que acepte un maior número de alimentos.
Na aula de natureza, estivemos falando da importancia das hortalizas e verduras para a nosa saúde e o necesario que é consumilas.
Tamén estivemos aprendendo os seus nomes, e clasificámolas segundo a parte delas que é comestible.





sábado, 27 de enero de 2018

LEITUGAS

Os nenos da aula de Sisán, estiveron plantando leitugas no invernadoiro. 


 Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

 Cando medren, e estean listas para comer, sortearemos algunhas e con outras faremos 
un rolo doce-salgado no taller de cociña.

martes, 16 de enero de 2018

17 DE XANEIRO DÍA DE SAN ANTÓN

Mañá, 17 de xaneiro, é a festividade de San Antón que é o protector dos animais. Este día, moitas persoas acoden ás igrexas coas súas mascotas para recibir a súa bendición.
Cos cadernos viaxeiros que están percorrendo os fogares dos nosos alumnos, estamos coñecendo todas as mascotas que teñen e o moito que as queren. Por iso estamos seguros de que San Antonio Abad daralles saúde e benestar a todos eles.