As
verduras e hortalizas constitúen, xunto coas froitas, unha fonte moi importante
de vitaminas variadas, fibra, sales minerais e elementos antioxidantes.
Os
nenos, tenden a ser bastante maniáticos con algunhas comidas. As veces, teñen
aversión a algúns alimentos moi nutritivos como é o caso das hortalizas. Aínda
que a súa preferencia polas comidas debe de ser respectada e hai que tela en conta
á hora de planificar os menús, non hai que deixar que sexan eles os que diten
que pratos tomar. O que temos que facer é que a gama de alimentos que lle ofertemos
sexa ampla, xa que así vai ter máis posibilidades de variar e será máis fácil
que acepte un maior número de alimentos.
Na
aula de natureza, estivemos falando da importancia das hortalizas e verduras
para a nosa saúde e o necesario que é consumilas.
Tamén
estivemos aprendendo os seus nomes, e clasificámolas segundo a parte delas que
é comestible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario