domingo, 14 de diciembre de 2014

A NOSA ÁRBORE CON FLORES RECICLADAS

A resposta a nosa pregunta da entrada “ QUE SERÁ? “ era, como dixo Rita, FLORES.
Estes foron os pasos que seguimos para a súa elaboración:
              Coloreamos flores feitas en papel e recortámolas. Despois as plastificamos (para que non se romperan coa choiva) e polo medio metémoslle un vaso de iogur de “ petit suisse “.












               Forramos un arame con celo verde para facer de talo e, fixemos  un buraco na base do vaso de iogur para metelo.













           Aquí tedes o resultado… 


2 comentarios: