Debido
ao coronavirus temos que confinarnos
nas casas para conter a infección e previr a aparición de novos casos. Pero hai
xente que non o fai, poñendo en risco aos demais.
Pero
tamén hai moita que se está expoñendo, por todos nós, ao virus: médicos, enfermeiras, auxiliares,
persoal de limpeza, policía, garda civil, o exercito, bombeiros, farmacéuticos
e auxiliares de farmacia, persoas que traballan nos supermercados, tendas e
mercados, os recolledores do lixo, etc.
Por
isto, para celebrar este día queremos pedirvos vídeos, debuxos, murais etc… cós
que animar á xente a “quedarse na casa”
pola SAÚDE DE TODOS. E tamén, para agradecer a toda estas
persoas o gran esforzo que están facendo poñendo en risco a súa saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario