Mañá,
5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano, o mundo unirase para
combater a contaminación por plásticos dun só uso baixo o lema “Un planeta #sen contaminación por
plásticos”. A campaña insta aos gobernos, a industria, as comunidades e as
persoas a xuntarse para reducir a produción e o uso excesivo de plásticos
desbotables que contaminan os nosos océanos, danan a vida mariña e ameazan a
saúde humana.
Nós,
na aula de natureza, estivemos falando da importancia deste día e lembrando que
lixo hai que meter no contedor do plástico.
Despois
lemos o conto “A historia do Rainbow Warrior” de Kalandraka.
En 1978 un barco
coas cores do arco da vella comezou a sucar os mares e océanos do planeta para
denunciar ante a humanidade a caza indiscriminada de baleas e focas, a
contaminación provocada polos residuos tóxicos e radioactivos, as explotacións
petrolíferas e de gas, o uso de redes mortíferas para especies mariñas
indefensas… Algúns países foron sensibles a esas protestas e aprobaron leis que contribuíron a que o mundo fora máis habitable.
Pasaron 21 anos dende que aquel primeiro Rainbow Warrior foi afundido no fondo das augas e convertido en arrecife artificial. Pero a súa replica actual, mantén a súa causa tan vixente como o primeiro día.
Tras
escoitar esta preciosa historia, de cómo os guerreiros do arco da vella
loitaron por defender o planeta e as súas especies da contaminación e das
agresións medioambientais, cada neno debuxou a súa versión deste barco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario