martes, 12 de diciembre de 2017

INIMIGOS DAS PLANTAS

Esta semana, na aula de natureza, estamos vendo algúns inimigos das plantas.



Como curiosidades podemos dicir que:
Os pulgóns atacan máis frecuentemente en primavera e outono e, reprodúcense con moita facilidade. Producen danos ao picar co seu estilete os talos e as follas máis xóvenes, debilitando e deformando o seu crecemento e producindo enrolamento nas follas. Excretan unha sustancia azucrada que atrae ás formigas, que fan uso dos pulgóns e os conducen a outras zonas da planta propagando con máis rapidez a praga. Esta sustancia fai que saian fungos na superficie da folla, producindo unha especie de capa negra que dificulta que a planta reciba luz, debilitando o seu cultivo.
As moscas brancas son uns insectos voadores que poden formar auténticas nubes ao axitar as follas das nosas plantas. Trátase dunha praga que pode afectar, gran parte do ano, aos cultivos de invernadoiro e no exterior aos das épocas máis cálidas. Succionan o zume das plantas e ao igual que os pulgóns excretan unha sustancia azucrada que propicia a formación de fungos na folla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario