O 21 de decembro celebramos a festa de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Durante a mañá, fixemos un adorno de Nadal, tivemos contacontos, vimos pequenas películas relacionadas con estas datas, merendamos, viñeron Kids & Us para facernos unha pequena representación, cada aula realizou a súa actuación e todos xuntos cantaron e bailaron unha cantiga que prepararon coa profe Olalla de música. Para rematar, recibimos a visita do Apalpador. Este personaxe mítico galego, vive na Debesa do Caurel e baixa no Nadal das montañas para entrar nos cuartos dos nenos, pálparlles a barriguiña para ver se están ben alimentados e déixalles un xoguete de madeira feito por el e unha presa de castañas. Asistiu a nosa festa, para recoller as cartas nas que os alumnos lle piden algún xoguete de madeira para o colexio.
BO NADAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario