martes, 26 de febrero de 2019

RECIBIMOS A VISITA DA SUPERAVOA DINA

Hoxe recibimos a visita de Dina, a avoa de Lía de Ribadumia B, que veu para 
ensinarnos como plantar sementes de verduras,hortalizas e froitas.
Explicounos que para plantalas, primeiro hai que botar a terra e despois co dedo facer
 un pequeno buraco no que meteremos a semente. 



Como algunhas son moi pequenas comentounos que hai que mesturalas con pos de 
talco para que sexa máis fácil collelas (tamén podemos facelo cunha pinza de depilar). 


Para botarlle por enriba tróuxonos vermiculita, que o que fai e reter a humidade 
os nutrintes da planta para que esta poida asimilalos.


Puidemos comprobar os tamaños, cores e formas das distintas sementes.



Plantamos sementes de leituga, repolo, coles de bruselas, acelgas, grelos, 
sandía, melón, cabaza, cenoria…



MOITAS GRAZAS AVOA DINA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario