miércoles, 13 de febrero de 2019

DÍA DA ENERXÍA

Mañá, 14 de febreiro, é o día da enerxía


Na aula de natureza estamos falando sobre que é a enerxía, que pasaría se non houbera e que podemos facer para aforrala e non malgastala.
Despois lemos o conto “¿Por que debo ahorrar energía?” da editorial Anaya.


Nel, os protagonistas da historia, dan resposta a nosa pregunta de cómo podemos contribuír ao aforro enerxético: mercando electrodomésticos que non consuman moita enerxía, cerrando as ventás cando está a calefacción posta, apagando as luces cando fai bo día e hai claridade, duchándonos e non bañándonos, utilizando menos o coche e no seu lugar collendo o autobús, tren, andando…, apagando o ordenador cando non se usa…


(As imaxes da ficha están collidas da páxina web da Fundación da enerxía da Comunidade de Madrid/Aprendea usar a enerxía)
Tamén estivemos vendo o etiquetado enerxético que traen os electrodomésticos e aparellos eléctricos, que permite comprobar canta enerxía consumen. 
Os máis eficientes son os que teñen A+, A++ e A+++ e os menos D,E, F e G.


No hay comentarios:

Publicar un comentario