sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

A Organización das Nacións Unidas declarou o 2021 como o Ano Internacional da Paz e da Confianza, co fin de promover o entendemento e cooperación entre as Nacións. Hoxe, día Escolar da Non Violencia e a Paz, queremos ensinarvos as actividades desenvolvidas na aula de contribuír a lograr ese obxectivo.

Primeiro estivemos lendo o conto “Mi espacio propio” de Pippa Goodhart. Nel, o coello protagonista quere un espazo para el só no que lle deixen ler tranquilo, no que haxa silencio e non lle interrompan.  Por todo isto, limita unha zona cunha liña vermella que non permite que ninguén a traspase. Pero ao final dáse de conta de que estar cos demais tamén é bo.

A través desta lectura o que se pretende é ensinar aos nenos que temos que saber convivir, non só as persoas unhas con  outras senón tamén cos animais que nos rodean. Por isto, estivemos falando de que temos que ser amigos de todos, axudarnos, resolver os conflitos sen pegarse nin gritar, saber escoitar, coidar ás mascota e non maltratalas nin abandonalas… Despois escribiron o título do conto e buscaron algunhas palabras representativas deste día.

Para rematar as actividades desta conmemoración, tamén fixemos un mural ao que puxemos por título “Temos que convivir todos”. Para confeccionalo, os alumnos debuxaron nenos e nenas que pegamos unidos facendo un círculo. Tamén fixeron animais domésticos, utilizando o libro “Como dibujar animales” de Susaeta, e puxémolos no centro. Desta forma queremos representar que debemos convivir en paz e en harmonía os uns cos outros




No hay comentarios:

Publicar un comentario