jueves, 20 de enero de 2022

OVOS RECHEOS CON BRÓCOLI E ATÚN

María, a mamá de India de Sisán, mandounos a receita que fixeron co brócoli que lle tocou a súa filla.

“Ovos recheos con brócoli e atún”

Ingredientes:
4 ovos
1 cenoria
1 brócoli
1 lata de atún
Maionesa
Queixo cremoso (opcional)

Preparación:

Primeiro limparon e cortaron as verduras.

A continuación puxeron auga con sal nunha tarteira a ferver, e botaron as verduras, os ovos e a cenoria durante 15 minutos aproximadamente.

Cando estiveron cocidos retiraron os ovos quitáronlle a casca, e partíronnos pola metade separando as claras das xemas.
Despois mesturaron as verduras cocidas e brandiñas coas xemas, a cenoria e o atún.


Unha vez todo estivo esmagado e uniforme, botaron un pouco de maionesa e revolveron. Deste xeito, xa temos listo o recheo e só queda poñelo en cada metade dos ovos.

Na casa de India, botáronlle un pouco queixo cremoso e despois metéronnos uns minutos no forno. Pero dinos María, que tamén podedes poñelos na neveira e servir fríos adornados con olivas ou en ensalada.


QUE COCIÑEIRA ESTÁ FEITA INDIA!!

MOITAS GRAZAS POLA RECEITA!!

TEÑEN QUE ESTAR RIQUÍSIMOS ESTES OVOS RECHEOS!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario