sábado, 15 de febrero de 2020

CANTAS ACTIVIDADES!

O xoves 13 de febreiro, todas as escolas do C.R.A de Ribadumia, xuntámonos en Leiro para realizar moitas actividades.
Visitounos Maruxa, unha hixienista dental do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia. Falounos do ratiño Pérez, que temos na boca, para que serve, como podemos coidala, cantas veces ao día temos que cepillar os dentes, que non se pode comer moito azucre, que hai que tomar zumes naturais… Tamén trouxo a súa amiga Boca Chancla para ensinarnos como temos que cepillarnos. 


E para rematar, agasallou aos nenos cun cepillo e pasta de dentes, un calendario para anotar cunha cariña sorrinte as veces que lavamos os dentes e un caderno para colorear do rato Pérez.



Como un curso máis volvemos a participar no programa Aliméntate Ben, viñeron os cociñeiros de Ponlle as Pilas ao teu Bocata que prepararon deliciosos bocadillos a base de conservas e combinados con queixo e vexetais (millo, leituga, tomate…). Con eles, os rapaces, tamén puideron disfrutar de xogos, unhas gafas 3D…, para descubrir de forma divertida os beneficios de consumir peixe. E, ao final, déronlle aos nenos unha viseira, un recetario de bocadillos e un chaveiro.


E para rematar a mañá a mestra Montse e Jose amenizáronnos coa historia de “Makita a extraterreste ecolóxica” que viña do Planeta enano Makemake, o conto “Capitán Verdemán superhéroe del reciclaje” e a canción “O meu Planeta”. A súa intención, con todas estas divertidas actividades, era transmitirnos a importancia de usar as 4R (reducir, reutilizar, reciclar e recuperar).


No hay comentarios:

Publicar un comentario