Queremos ensinarvos o traballo que presentamos para o VI Concurso Escolar
“Cuidamos el Medio Ambiente” (Organizado por Produtos IMEDIO S.A).
Como xa dixemos, noutra entrada, vai ser a primeira misión da nosa “Patrulla Alerta Natureza” e, a súa finalidade é que os
nenos/as aprendan a reciclar a través do noso xogo. En cada folla aparece un
patrulleiro cun obxecto na man e co nome do mesmo enriba. Os rapaces terán que
pensar cal sería o contedor onde deberíamos tiralo. Unha vez que toman a súa
decisión abrirán a porta, que hai ao lado, para comprobar que a súa elección
foi a correcta.
Aquí tedes unha pequena mostra do noso xogo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario