lunes, 5 de febrero de 2024

REDUCIMOS E REUTILIZAMOS O LIXO

Sistematicamente, o día que cada aula visita a biblioteca da sede do C.R.A, cada alumno leva un conto a súa elección menos un neno que, rotativamente, leva unha mochila viaxeira. Nelas, as familias poden atopar ademais dalgúns contos, outros libros de consulta relacionados con: pintura, música, manualidades, animais, plantas, cociña-receitas, historia, medio ambiente, transportes, lecturas para pais…

Como en moitas mochilas hai un libro onde aparecen cousas para facer con material de refugallo, queremos ensinarvos algunhas das cousas que realizaron os nosos alumnos. 

Lola, de Ribadumia A, fixo unha vaca peto con cartóns de leite.

Alexia, de Ribadumia B, animaliños con tubos de papel hixiénico.

Jesús, de Ribadumia A, elaborou un monstro cunha caixa de ovos.

Adán e Aroa, de Ribadumia B, un teléfono con vasos de iogur.


Lara, de Ribadumia B, os Reis Magos con tubos de papel hixiénico.

Lúa, de Leiro, unha galiña con tubos de papel hixiénico.


O que acadamos con todas estas creacións é: 

  • Que haxa menos lixo.
  • darlle un novo uso a algo que xa non nos sirve. 

Animádevos a mandarnos cousas realizadas con material de desfeito ao correo da aula de natureza: blogdenatureza@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario