jueves, 9 de mayo de 2019

VISITA DA AVOA ELVIRA

Hoxe recibimos a visita de Elvira, avoa de Iago de Ribadumia A, que veu para ensinarnos unha planta especial coa que se fan esponxas naturais.

Trátase da “luffa” que ten forma de cabaciña ou cogombro e medra como unha enredadeira.

(fotos del blog lamujerdelasdiamelas)

Puidemos ver como son as sementes (cada neno levou unhas poucas para plantar na casa), a planta cando empeza a crecer e as esponxas que se fan co froito.





Tamén Marta, a nai de Iago, trouxo uns xabóns naturais que fai unha sobriña e aos que lle meten polo medio anacos de esponxa que fai Elvira.  

MOITAS GRAZAS MARTA E AVOA ELVIRA!
Aquí deixámosvos un enlace a un vídeo no que podedes ver como se planta, cando se recolle e como se fan as esponxas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario