Na
escola estamos cun proxecto sobre que cousas podemos facer para coidar o medio
ambiente.
Para
comezar vimos o conto “¿Por qué debo reciclar?” de Jeen Green e Mike Gordon. Nel, os protagonistas da historia, dan resposta a preguntas como ¿Por qué é
importante reciclar?, ¿Cómo clasificar o lixo?, ¿Qué materiais podemos
reutilizar?... Tamén falamos de que nós, cos nosos contedores para clasificar o lixo e o noso boneco Piliñas (para a recollida selectiva das pilas), estamos poñendo o noso gran de area para acadar o obxectivo de conservar o medio ambiente.
Despois
estivemos vendo de que cores son os contedores e que basura hai que tirar en
cada un. É, aproveitando que veu ao colexio Rocío a explicarnos que é o compost
e con que se fai, tamén repasamos que podemos meter na composteira para facer “terra
máxica” (abono orgánico).
Para
rematar traballamos o importante que é non contaminar o aire e evitar os
ruídos é que podemos facer para contribuír a su redución
No hay comentarios:
Publicar un comentario