lunes, 15 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Mañá, martes 16 de outubro de 2018, é o Día Mundial da Alimentación.


Co lema “As nosas accións son o noso futuro. Un mundo #HambreCero para 2030 é posible”, este ano queren facer un chamamento global á acción (individual, en grupo e colectiva) para tratar de xerar os cambios que se precisen na construción dun mundo libre de fame e con suficientes alimentos nutritivos para todos.
Algunhas das cousas que podemos facer nós para contribuír a esta causa son:
Non tirar a comida. Se sobra, podemos conxelala, gardala na neveira ou usar os ingredientes para outro xantar.
Producir máis con menos. Encontrar novas formas de cultivar alimentos que sexan máis produtivas e diversificar os cultivos.
Adoptar unha dieta máis saudable. Hai que preparar comidas máis nutritivas, pero vivimos nun mundo acelerado no que case non hai tempo para preparalas. Pero os alimentos beneficiosos para a nosa saúde, tamén se poden comer de forma rápida e sinxela utilizando só uns poucos ingredientes (compartindo receitas, seguindo a cociñeiros para aprender a cociñar cousas novas…).
Na aula de natureza ademais de falar de todo isto, estamos realizando as seguintes actividades:
Unha ficha para lembrar esta data. Nela, como as froitas son moi importantes na alimentación diaria, cada neno tamén debuxou (de forma fácil) a súa favorita.


Aquí tedes outras froitas que debuxaron


Un semáforo de alimentos, a través do que aprenderon a clasificar algúns segundo debamos comelos todos os días, en cantidades moderadas e non todos os días e só ocasionalmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario