Hoxe, os/as nenos/as da aula de Leiro, estiveron collendo as laranxa que tiña a nosa laranxeira. Con elas van facer, na aula, unha receita coa súa mestra Angeles.
Cando suban ao seu blog a entrada coa receita, poñeremos aquí o enlace para que poidades vela e facela nas vosas casas.
Este ano, o lema é "Augas residuais, ¿por qué desperdiciar auga?".
Con el, o que se pretende é: mellorar a calidade da auga, reducir a contaminación, eliminar os vertidos e minimizar a liberación de produtos químicos e materiais perigosos, reducir á metade a porcentaxe de augas residuais non tratadas e aumentar a reciclaxe e a reutilización segura da auga.
Todos somos responsables do coidado deste prezado recurso, por iso dende cada fogar podemos contribuír con simples prácticas de consumo eficiente e aforro da auga, para que as futuras xeracións poidan contar con este ben indispensable para a vida.
Nós, na aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas que podemos facer para aforrar auga e, lemos o libro "¿Por qué debo ahorrar agua?". Neste libro, os seus protagonistas, explican o importante que é non malgastar a auga e que podemos facer nos para contribuír ao seu aforro.
Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional dos Bosques.
Con este vídeo, as Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, queren celebrar o Día Internacional dos Bosques 2017.
O motivo desta conmemoración é concienciar á xente, para conseguir aplacar e frear a enorme perda de bosques do Planeta Terra.
Nós, o que temos que facer, é plantar novas árbores para equilibrar a tala que producen as persoas para facer mobles, casas, e todo o que teña que ver coa madeira.
Para conmemorar este día, na aula de natureza, falamos do importantes que son as árbores e de todos os beneficios que nos aportan. Despois fixemos un mural, no que utilizamos papeis de xornais vellos para facer as follas. Deste xeito, non gastamos folios novos, colaboramos salvando árbores.
O seu froito non crece, e está listo para a colleita, ata o verán. Por isto, decidimos que cada neno/a levara a súa planta para a casa e así, poder trasplantala e ter a súa colleita de deliciosos tomates.
Hoxe, mércores 8 de marzo, os/as alumnos/as de Lois estiveron plantando leitugas no invernadoiro. Cando medren, faremos con elas algunha receita no noso taller de cociña.
Podedes ver máis fotos dos/as nenos/as pinchando neste ENLACE.