Na aula de natureza, seguimos coñecendo e aprendendo máis cousiñas sobre os cogomelos.
jueves, 22 de noviembre de 2012
domingo, 18 de noviembre de 2012
PLANTAS PARA O NOSO XARDÍN
Seguimos enchendo de plantas o noso xardín. Esta vez, plantamos berzas decorativas no parterre do tacto e no do gusto porros. Os encargados de realizar este traballo foron os nenos da aula de 4-5 anos de Ribadumia.
Podedes pinchar neste ENLACE para ver máis fotos.
PLANTAMOS PORROS NO INVERNADOIRO E CEBOLAS NO XARDÍN
Os alumnos
de Lois estiveron plantando porros no invernadoiro.
E
cebolas no parterre do gusto do noso xardín.
Máis fotos AQUÍ.
GRELOS E LEITUGAS
Seguimos
enchendo o invernadoiro de verduras. Esta vez, foron os nenos de Ribadumia 3-4
anos os que estiveron plantando as sementes de grelos que xa medraron e tamén pequenas
plantiñas de leituga que mercamos.
Para
ver máis fotos pinchade AQUÍ.
FIXEMOS ARRANXOS NO INVERNADOIRO E COMEZAMOS A PLANTAR…
Como
a terra do invernadoiro era moi dura e con moitas pedras, moitas das verduras e
hortalizas que se plantaban non medraban. É por isto que, para poder ter unha
maior cantidade e altura de terra branda, decidimos facer parterres utilizando
taboleiros de madeira.
Dende
este blog, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron para que
isto fora posible:
- Os
nenos, que nos axudaron a limpar o invernadoiro quitando as malas herbas,
pedras…
- Os
operarios do Concello que estiveron sachando para remover e abrandar a terra.
- O
papá de Martiño (alumno de Leiro), que nos fixo os taboleiros.
- O
profe Rafa que fixo os parterres de madeira, axudou a poñelos e a enchelos de
terra.
Aquí
tedes unha foto de cómo están quedando.
Aínda
que non rematamos todos os parterres, xa imos plantando no que está feito. Os
primeiros en facelo foron os alumnos da aula de Leiro que, como xa medraron as
sementes de perexil transplantáronas ao invernadoiro.
domingo, 11 de noviembre de 2012
PRÍMULAS E MÁIS BULBOS DE TULIPÁN…
Seguimos
enchendo de flores o noso parterre da vista!.
Esta vez, foron os nenos da aula
de Sisán os que estiveron plantando prímulas e bulbos de tulipán.
Nuns
días subiremos ao blog algunhas fotos para que poidades ver o bonito esta
quedando o noso xardín dos sentidos.
Máis
fotos AQUÍ.
miércoles, 7 de noviembre de 2012
REPOLOS E PORROS
Os
alumnos da aula de Ribadumia de 3-4 anos, foron os que comezaron a plantar no parterre do gusto. As
verduras que eliximos son os porros e repolos.
Podedes
ver máis fotos AQUÍ.
domingo, 4 de noviembre de 2012
COMEZAMOS A PLANTAR NO NOSO XARDÍN DOS SENTIDOS
Este curso, os primeiros en plantar no noso xardín dos sentidos foron os nenos da aula de Leiro.
As primeiras flores que puxemos, para darlle cor ao noso parterre da vista, foron as violas e os pensamentos.
Se queredes
ver máis fotos, este é o ENLACE.
jueves, 25 de octubre de 2012
COMO MEDRAN AS SEMENTES!
As sementes que plantamos de alelí, pensamento, grelos e perexil, xa están medrando. Cando sexan un pouco máis grandes, transplantarémolas ao xardín e invernadoiro.
martes, 16 de octubre de 2012
OS COGOMELOS
Imos comezar un proxecto sobre os cogomelos a través do que pretendemos que os nenos coñezan: as súas partes, cales son velenosos e cales comestibles, adiviñas e curiosidades sobre eles…
Esta semana as actividades que estamos a realizar son:
- Saír ao noso xardín para buscar cogomelos e observar como son (a súa forma, cor, tamaño…).
- Facer a portada do libriño, que imos elaborar sobre eles, escribindo o título que decidimos darlle: OS COGOMELOS (a maioría dos nenos coñecen o seu nome en castelán pero non como se di en galego).
domingo, 14 de octubre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)