Como
a terra do invernadoiro era moi dura e con moitas pedras, moitas das verduras e
hortalizas que se plantaban non medraban. É por isto que, para poder ter unha
maior cantidade e altura de terra branda, decidimos facer parterres utilizando
taboleiros de madeira.
Dende
este blog, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron para que
isto fora posible:
- Os
nenos, que nos axudaron a limpar o invernadoiro quitando as malas herbas,
pedras…
- Os
operarios do Concello que estiveron sachando para remover e abrandar a terra.
- O
papá de Martiño (alumno de Leiro), que nos fixo os taboleiros.
- O
profe Rafa que fixo os parterres de madeira, axudou a poñelos e a enchelos de
terra.
Aquí
tedes unha foto de cómo están quedando.
Aínda
que non rematamos todos os parterres, xa imos plantando no que está feito. Os
primeiros en facelo foron os alumnos da aula de Leiro que, como xa medraron as
sementes de perexil transplantáronas ao invernadoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario