O domingo 16 de outubro é o Día Mundial da Alimentación.
Este ano o lema é " O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén". Con el queren destacar, que o maior problema relacionado co cambio climático é a seguridade alimentaria. As persoas máis pobres do mundo (moitas das cales son agricultores, pescadores e pastores), están sendo os máis afectados por as altas temperaturas e o aumento de desastres relacionados có clima. Ao mesmo tempo a poboación mundial medra de xeito constante. Para cubrir unha demanda tan grande os sistemas
agrícolas e alimentarios terán que adaptarse aos efectos adversos do cambio climático e
facerse máis resistentes, produtivos e sostibles. Esta é a única maneira de que poidamos garantir o benestar dos ecosistemas e da poboación rural.
Na aula de natureza, imos aproveitar este día para comezar a traballar cos nenos/as en torno aos alimentos (nomes de froitas, verduras e legumes, importancia de consumilos, cales son bos e malos para a nosa saúde...).
Hoxe tamén mandamos unha nota as familias, para lembrarlles esta data, darlles algúns consellos sobre a alimentación dos seus fillos/as e pedir a súa colaboración para tratar de mellorar os seus hábitos alimentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario