Mostrando entradas con la etiqueta GUAYABO-FRESA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GUAYABO-FRESA. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de febrero de 2025

PLANTANDO PORROS, COLLENDO LIMÓNS E PROBANDO O GUAYABO-FRESA

Hoxe, luns 3 de febreiro, @s nen@s de Leiro estiveron plantando porros no invernadoiro. Como xa están levando verduras para comer nas casas, comezamos a ter espazo para poñer outras.

Despois colleron os limóns, que xa estaban listos para a colleita. Unha receita que podedes facer con eles, que vai ter un sabor máis doce é un batido. Podedes ver como se fai pinchando AQUÍ.


Para rematar estiveron degustando algúns guayabo-fresa, que xa estaban listos para comer, da árbore que temos no noso xardín.



viernes, 17 de enero de 2025

TEMOS FROITOS NO NOSO GUAYABO-FRESA

Esta semana estivemos collendo as froitas que estaban maduras do noso guayabo-fresa. Despois @s alumn@s probáronas. É unha froita pequena e redonda, coa pel vermella e a polpa rosada. Non lle gusta a todo o mundo, xa que o seu sabor e algo ácido (aseméllase ao limón). 

viernes, 15 de octubre de 2021

GUAYABO-FRESA

O guayabo-fresa que temos no xardín, xa ten froitos e os nenos estiveron probándoos.

Son de cor vermello por fora e coa polpa branca, e un froito que ten un alto contido en potasio, fibra, vitamina A, C, B3 e B6. Ten un punto ácido que fai que non a todo os nenos lle guste. 

jueves, 10 de octubre de 2019

jueves, 30 de noviembre de 2017

ARBUSTOS PARA O XARDÍN

No noso xardín dos sentidos tiñamos o parterre do gusto soamente con amorodos. As verduras plantámolas no invernadoiro, xa que fora quéimansenos coas xeadas. Para solucionar este problema decidimos plantar pequenos arbustos de froitos comestibles: arandeiras, framboeseiros, amoras silvestres, guayabo-fresa...  Así, cando medren poderemos preparar algunhas receitas con eles.