Na
aula de estivemos lendo “Todo empieza con una semilla” de Laura Knowles
(editorial Bruño).
A través deste conto, imos viaxando polas estacións e
os anos para ver como unha soa semente transfórmase nunha árbore que serve de
refuxio a moitos animais.
Esta
lectura serviunos para iniciar unha nova actividade:
"Plantar sementes de
leituga e cenoria en pebideiros"
Primeiramente,
antes de iniciala, estivemos vendo o seu tamaño…
Os nenos estaban asombrados e pensaban que era maxia que de algo tan pequeniño puideran saír verduras e hortalizas tan
grandes.
Despois
plantámolas en pebideiros con moito coidado, xa que son moi diminutas.
Despois
botámoslle por enriba vermiculita que nos deixou Dina (a avoa de Lía unha ex
alumna do noso colexio), cando veu ao noso colexio a ensinarnos a plantar sementes.
Con este este substrato, o que acadaremos e lograr reter a humidade e os
nutrintes da planta para que esta poida asimilalos.
Agora
temos que esperar a que comecen a nacer as plantiñas de leituga e cenoria…
Despois
xa iremos contándovos o que faremos con elas.