¡ VÉMONOS EN SETEMBRO!
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2011-12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2011-12. Mostrar todas las entradas
sábado, 30 de junio de 2012
ATA SETEMBRO…
Dende a aula de natureza
queremos desexarvos a todos que o pasedes moi ben nestas vacacións de verán.
martes, 19 de junio de 2012
AS ÚLTIMAS VERDURAS DESTE CURSO...
Xa
está rematando o curso é os nenos están levando as últimas verduras que están
listas para a colleita.
É
a quenda das LEITUGAS…
lunes, 18 de junio de 2012
TAXETES NO NOSO XARDÍN
Os alumnos
da Sisán, estiveron plantando taxetes no xardín.
Ao
inicio do vindeiro curso, recolleremos as súas sementes para poder plantalas cando
chegue a primavera.
Se
queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.
lunes, 4 de junio de 2012
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Mañá, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Este ano, a sede onde se vai celebrar esta data é Río de Xaneiro (Brasil). Co lema: “Economía verde:¿inclúete?” a
Organización das Nacións Unidas, ten como obxectivo sensibilizar a través dos
temas medioambientais a todo o Planeta, motivando ás persoas para que cooperen e sexan seres activos ante a natureza.
Todos contamos e está
nas nosas mans poder ter un futuro máis limpo e verde realizando accións como:
organizar unha limpeza do noso barrio e dos bosques do entorno, reciclar,
plantar unha árbore, ir camiñando ao traballo, usar a bicicleta…
No C.R.A de Ribadumia
elaboramos o noso cartel para conmemorar este día con traballos feitos polos
nenos sobre o coidado e protección da biodiversidade.
Durante esta semana,
na aula de natureza, lembraremos a importancia desta data e as cousas que nos podemos facer
para coidar o medioambiente
PLANTAMOS AMORODOS
Os nenos de Leiro estiveron plantando amorodos no xardín. Como estas froitas son tan sabrosas, estamos desexando que vaian medrando para ver se nos da tempo a preparar algunha receita con elas.
Tedes máis fotos
neste ENLACE
XA TEMOS CEBOLAS
As cebolas, que
plantamos no xardín, xa medraron e están listas para que os nenos as vaian
levando para as súas casas.
COLEOS E SEMENTES DE CABAZA E PRIMAVERA
O
xoves, estiveron plantando os nenos de Ribadumia de 4-5 anos…
COLEOS
SEMENTES
DE CABAZA
SEMENTES
DE PRIMAVERA
Se queredes ver máis
fotos pinchade AQUÍ
PEMENTOS DE PADRÓN E APIO
Os
alumnos de Lois estiveron plantando, no parterre das plantas comestibles, apio
e pementos de Padrón.
APIO
PEMENTOS
DE PADRÓN
Hai
un refrán que di: “coma os pementos de Padrón, uns pican e outros non”.
Para
que sexan poucos os que piquen, temos que lembrarnos de regalos moito...
Máis fotos dos nenos de
Lois PLANTANDO
miércoles, 30 de mayo de 2012
PLANTAMOS SEMENTES DE XIRASOL
Os nenos
da aula de 3 anos de Ribadumia estiveron plantando, no xardín, as sementes de xirasol
que se recolleron ao principio do curso.
Estamos
desexando que medren axiña…
Se
queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.
lunes, 28 de mayo de 2012
SORTEAMOS MÁIS VERDURAS…
Xa están listos para a colleita os porros, repolos, asa de cántaro… Como coas demais verduras estamos realizando o sorteo entre os nenos de cada aula para que as vaian levando para as súas casas e preparen ricas receitas con elas.
PORROS
REPOLOS
A continuación, deixamos dous enlaces nos que podedes atopar outro xeito de preparar o repolo máis propio destas datas nas que xa empeza a facer máis calor e apetece preparar receitas máis frescas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)