Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO-SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO-SAMAÍN. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de noviembre de 2024

MAGOSTO-SAMAÍN

Este venres, 1 de novembro, fixemos a festa do Magosto-Samaín no CRA de Ribadumia.

As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e tamén castañas, e carozos e piñas para asalas.

Durante a maña realizamos moitas actividades:

Lemos contos de medo…


Realizamos o paseo do terror que preparou o ANPA…


Tivemos un taller de experimentos que prepararon David e María. Nel faláronnos dalgunhas científicas importantes, cambiaron de cor líquidos, facer aparecer obxectos agochados botando auga a bolas de hidroxel, sacar unha lata dunha cunca soprando, meter un globo nunha botella, lograr que voe unha pelota cun secador, crear reaccións de líquidos en probetas…

A continuación merendamos deliciosos doces terroríficos que fixeron as familias nas casas.



Despois algunhas mestras representaron a obra de teatro “Os Malotes”.

Para rematar, @s nen@s bailaron unha canción que prepararon coa mestra Olalla, a bruxa Hermelinda preparounos unha beberaxe máxica e @s alumn@s levaron castañas que estiveron asando algúns papás, mamás, avós e avoas.








Queremos dar as grazas á ANPA por todo o traballo que realizaron.

QUE COUSAS TAN BONITAS FIXERON!!

QUE BEN O PASAMOS!!

domingo, 30 de octubre de 2022

MAGOSTO-SAMAÍN

Este venres, 28 de outubro, celebramos no CRA de Ribadumia a festa do Magosto-Samaín.

Tiñamos adornado o colexio, pero o ANPA tamén o puxo precioso por fóra.


Os nenos trouxeron cabazas decoradas nas casas para expoñer.

Como facemos conxuntamente o Magosto e o Samaín, tamén aportaron castañas e carozos e piñas para asalas. As persoas que realizaron esta labor foron membros da ANPA de pais/nais de alumnos.


CANTO TRABALLARON!!

Para comezar, recibimos a visita da Banda de Música de Ribadumia que veu en representación da Escola de Música de Ribadumia. Amosáronnos, e ensináronnos os nomes, dos seus instrumentos de vento, deleitáronnos con algunhas cancións e todos os nenos que quixeron tiveron a oportunidade de probar como soaban elixindo o que máis lles gustaba.

Despois os alumnos, en grupos pequenos, estiveron rotando por tres talleres:

                                            De contacontos de medo 


Colorear unha careta de catrina


Circuíto de medo



Continuamos merendamos riquísimos doces que trouxeron as familias dos nenos de 5 anos.


Tamén tivemos un ratiño de patio, ata que comezou a chover…

E para a última parte da mañá, tivemos a representación da obra “La ensalada de la bruja” a cargo das profesoras Montse e Olalla. Nela, a mestra Malú, fixo de narradora.

CANTO RIMOS!! GRAZAS PROFES!!

Tamén os nenos bailaron a canción dos esqueletos que estiveron preparando na aula de música coa mestra Olalla.



TODOS ANIMÁMONOS A BAILAR CON ELES!!

ENCANTOUNOS OLALLA!!

Tiñamos preparada a carreira solidaria “A volta ao Cole” coa pretensión de correr para que todos os nenos enfermos de leucemia poidan volver ao colexio. Debido a que estaba chovendo, tivemos que facelo dentro dando voltas todos xuntos en dúas rodas cuns dorsais que nos enviaron.



As familias deron un donativo, que servira para seguir impulsando proxectos de investigación sobre esta enfermidade.

Para rematar a mañá cada neno levou nun bolsiño, que prepararon nas aulas con cartóns de leite que trouxeron das casas, un puñado de castañas asadas para degustar en familia.

Non queremos acabar esta entrada sen antes dar as GRAZAS á Banda de Música de Ribadumia, aos membros da ANPA pola súa colaboración e axuda e ás familias pola súa presenza e aportacións para celebrar esta festa.

viernes, 1 de noviembre de 2019

MAGOSTO-SAMAÍN

O venres, 30 de outubro, tivemos a festa do Magosto-Samaín.
As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas.



QUE BONITAS TODAS!

Os nenos viñeron disfrazados de zombis, bruxas, vampiros, esqueletos…



QUE TERRORÍFICOS!

E durante a mañá, realizáronse as seguintes actividades:

Vimos contos de medo.




Decoramos con pinturas follas de papel recicladas, para facer con elas cucuruchos para levar as castañas asadas.


Angeles, a mamá de Izan de Sisán, veu coa ecobotella para ensinarnos a importancia das 4R. Amosounos un vídeo sobre a importancia de reciclar, reducir, reutilizar e recuperar e, díxonos que utilizando as 4R poderemos acadar un planeta máis limpo, con menos contaminación e onde vivir mellor.


Tivemos a visita da Agrupación músico-cultural de Ribadumia que amosáronnos os seus instrumentos, ensináronnos como soan e tocaron e cantaron connosco cancións.


Merendamos terroríficos doces preparados nas casas polas familias.





E, para rematar a mestra Montse e Angeles (a mamá de Izan de Sisán) representaron  a obra “A bruxa Hermelinda e a fada das 3R”. Nela, unha bruxa que non recicla recibe a visita dunha fada que lle lembra a importancia de reducir, reciclar e reutilizar.


As familias trouxeron castañas e carozos e o Concello deixounos o asador. 
Algúns pais, nais e avoa estiveron asándoas.



E non quero terminar esta entrada do blog, sen dar a grazas ás familias pola súa colaboración decorando cos seus fillos as cabazas, traéndoos tan terrorificamente disfrazados e preparando todos eses riquísimos doces.
E, por suposto, aos pais nais e avoa que estiveron toda a mañá a choiva asando as castañas e a Angeles por ensinar aos nenos tantas cousas sobre as 3R e por ser unha maravillosa actriz.


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!