Este
venres, 1 de novembro, fixemos a festa
do Magosot-Samaín no CRA de Ribadumia.
As
familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e tamén castañas, e carozos e
piñas para asalas.
Durante a
maña realizamos moitas actividades:
Lemos contos de medo…
Realizamos o paseo do terror que preparou o ANPA…
Tivemos
un taller de experimentos que prepararon David e María. Nel faláronnos dalgunhas científicas importantes, cambiaron de
cor líquidos, facer aparecer obxectos agochados botando auga a bolas de
hidroxel, sacar unha lata dunha cunca soprando, meter un globo nunha botella,
lograr que voe unha pelota cun secador, crear reaccións de líquidos en probetas…
A continuación merendamos deliciosos doces terroríficos que fixeron as familias nas casas.
Despois
algunhas mestras representaron a obra de teatro “Os Malotes”.
Para rematar, @s nen@s bailaron unha canción que prepararon coa mestra Olalla, a bruxa Hermelinda preparounos unha beberaxe máxica e @s alumn@s levaron castañas que estiveron asando algúns papás e avós.
Queremos
dar as grazas á ANPA por todo o traballo que realizaron.
QUE COUSAS TAN BONITAS FIXERON!!
QUE BEN O PASAMOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario