Mañá, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Este ano, a sede onde se vai celebrar esta data é Río de Xaneiro (Brasil). Co lema: “Economía verde:¿inclúete?” a
Organización das Nacións Unidas, ten como obxectivo sensibilizar a través dos
temas medioambientais a todo o Planeta, motivando ás persoas para que cooperen e sexan seres activos ante a natureza.
Todos contamos e está
nas nosas mans poder ter un futuro máis limpo e verde realizando accións como:
organizar unha limpeza do noso barrio e dos bosques do entorno, reciclar,
plantar unha árbore, ir camiñando ao traballo, usar a bicicleta…
No C.R.A de Ribadumia
elaboramos o noso cartel para conmemorar este día con traballos feitos polos
nenos sobre o coidado e protección da biodiversidade.
Durante esta semana,
na aula de natureza, lembraremos a importancia desta data e as cousas que nos podemos facer
para coidar o medioambiente
No hay comentarios:
Publicar un comentario