Imos comezar un proxecto sobre os cogomelos a través do que pretendemos que os nenos coñezan: as súas partes, cales son velenosos e cales comestibles, adiviñas e curiosidades sobre eles…
Esta semana as actividades que estamos a realizar son:
- Saír ao noso xardín para buscar cogomelos e observar como son (a súa forma, cor, tamaño…).
- Facer a portada do libriño, que imos elaborar sobre eles, escribindo o título que decidimos darlle: OS COGOMELOS (a maioría dos nenos coñecen o seu nome en castelán pero non como se di en galego).
No hay comentarios:
Publicar un comentario