Os nenos de Sisán, iniciaron as tarefas propias do xardín plantando sementes de leituga.
Primeiramente, antes de plantar, os nenos de 3 anos estiveron aprendendo a poñer as luvas (aos maiores serviulles para lembrar como se facía). Ista é unha tarefa que lles custa traballo realizar pero que coa práctica estamos seguros que todos lograran acadar.A continuación plantamos as sementes de leituga en sementeiros.
Se queredes ver máis fotos pinchade neste ENLACE.
Neste curso, imos plantar as sementes de moitas das verduras e plantas do noso xardín e invernadoiro para que os nenos poidan ver o seu proceso de crecemento. Unha vez que medren transplantarémolas ao xardín ou invernadoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario