Esta
semana, ademais de ver cales son as ferramentas e utensilios que usaremos no
xardín e explicar cales son as súas normas de utilización, tamén estivemos
recollendo os froitos dalgunhas das árbores froiteiras que temos no noso
xardín.
Despois
os nenos os levaron para degustar nas casas.
ABELÁS
Non resultou fácil apañalas, xa que algunhas estaban agachadas debaixo das follas secas e outras aínda metidas nas brácteas que é o envoltorio que rodea o froito e que en moitos casos e máis grande que el.
FIGOS
Como as súas follas poden dar reaccións alérxicas, a mestra foi a encargada de collelos da árbore utilizando luvas.
CASTAÑAS
Para
que os nenos non se pincharan, a mestra sacounas cos pés e eles encargáronse de coller as castañas que xa estaban fora dos ourizos polo chan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario