Este
luns, 20 de setembro, iniciamos as actividades da aula de natureza do CRA de
Ribadumia.
Este curso 2021-22 seguimos formando Do Programa Medioambiental “Voz Natura” da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre, que este curso cumpre 25 anos e quere conmemorar este aniversario rendendo unha homenaxe a todos os mestres e alumnos que, dende as aulas, converteron esta iniciativa nun referente na defensa do medio ambiente.
Hoxe en día o noso Planeta atravesa por moitos
problemas medioambientais debido á actividade humana: cambio climático, deforestación,
perdida de biodiversidade, contaminación... Debido a isto, consideramos que
resulta imprescindible que dende a etapa de Educación Infantil os nenos
adquiran conciencia da importancia de coidar a natureza e ao mesmo tempo amplíen os seus coñecementos
sobre ela a través dunha metodoloxía activa e participativa que os leve a mellorar as súas condutas no futuro.
No
noso colexio queremos que, ademais de que aprendan cousas novas, entendan que o
seu papel é importante. De aí que, cando se realiza por primeira vez calquera
actividade relacionada co coidado do noso Planeta, explicáselles porque hai que
facela e as consecuencias positivas que aportará.
Algunhas das actividades que faremos na aula de natureza serán: quitar as malas herbas, plantar no xardín e invernadoiro, realizar o sorteo das nosas verduras para preparar riquísimas e saudables receitas nas casas, reciclar, facer compost coas mondas das merendas e herbas malas, coidar a nosa tartaruga Borja, realizar proxectos (os cogomelos, as leitugas, a auga…).
No hay comentarios:
Publicar un comentario