Hoxe, 4 de outubro, conmemoramos o día dos animais.
Esta
celebración ten como obxectivo promover os dereitos dos animais e mellorar o
seu benestar en todo o Planeta.
Na
aula de natureza, falamos das mascotas que teñen na casa e de que temos que protexelas e coidalas. Despois, estivemos lendo dúas historias de “Cuentos cortos de
animales en peligro” de Jordi Sierra
i Fabra (editorial Bruño). Nel, os protagonistas son animais en perigo de
extinción: pingüín, orangután, canguro, tigre, oso, balea, elefante, tartaruga
e rinoceronte. Todos eles sofren algunha desgraza que pode solucionarse coa
axuda dos demais, primando o respecto e a tolerancia entre todos.
Como os contos que eliximos foron os do elefante e o pingüín, coa axuda do libro “Como dibujar animales” da editorial Susaeta, os nenos aprenderon a debuxalos de forma fácil.
Se queredes ver outros contos deste libro cos vosos fillos, podedes facelo a través deste enlace do “maestro Manu” onde están todos en pdf.
No hay comentarios:
Publicar un comentario